En Galicia hai grandes artesans e grandes artistas. Elena Ferro ten, sen dúbida, o mellor de cada unha delas. O feito de converter un tipo de calzado en desuso, nun elemento de moda, de excelente deseño e calidade, é algo ao alcance dos que como ela están tocadas polo xenio creativo e innovador.
Elena Ferro é a diseñadora que dá marca a unha gama de productos elaborados fundamentalmente en pel: bolsos, cintos, carteiras, etc, pero sobre todo, dos zocos.
Nós somos clientes habituais, polo marabilloso dos seus deseños, pola beleza dos seus produtos e a súa calidade. Adoitamos adquirir os artigos na tenda que teñen na Coruña e creo que noutras 11 ou 12 tendas por Galicia, pero sobre todo nos stands que habitualmente teñen nas principais festas de recreación histórica e tradicionais que se programan ao longo do ano por estas terras. A gran profesionalidade e agarimo co que sempre nos atenden Chicha e Teresa, tamén da familia Ferro, son a reafirmación de que o seu tremendo éxito non é algo casual, nin será pasaxeiro.
Por citar algún dos seus éxitos, ademais dos miles de clientes e seguidores na súa conta de Facebook, quero citar que gañou o Premio de Artesanía Antonio Fraguas en 2010, que concede a Diputación da Coruña cada dous anos, ou a súa recente participación na Mercedes Benz -Fashion Week de Madrid, a gran semana da moda española.
Aconsellámosvos que visitedes o seu web: http://elenaferro.com/es/ para coñecer máis a fondo os seus produtos e sobre todo para obter máis información, datos de contacto, e ata mercar, si deséxalo.
Elena Ferro fixo realidade a afirmación de George Bernard Shaw: “A imaxinación é o principio da creación. Imaxinas o que desexas, persegues o que imaxinas e finalmente, creas o que persegues”.