Un gran descubrimento, para todos os afeccionados aos produtos en pel, e posiblemente, ao estar lendo esta entrada en produtos de recreación histórica. Refírome a Querqur, un taller que traballa a pel de xeito fantástico.
No noso caso adquirimos, feito a medida, unha lorica musculata, grebas, faldín de coiro e unhas caligae romanas e varios bolsos a modo medieval. E a satisfacción é enorme, primeiro pola calidade humana de José, o artesan que tan ben traballa o coiro, logo pola calidade dos traballos realizados, e para rematar porque ten unha excelente relación calidade-precio.
Queremos compartilo convosco, porque, do mesmo xeito que co resto de suxestións que vos facemos chegar, están feitas desde a máis sincera honestidade e desinterese pola nosa banda, máis aló de dar publicidade positiva a quen lla merece, e comentarios negativos a quen se faga acreedor dos mesmo.
Podedes ampliar información na súa web, que é https://www.quercur.com/es/, pero o mellor é ir visitalo ao seu taller, na cidade de Luo.