Aínda que pasaron uns días da celebración do día da muller, considero de suma importancia e xustiza dedicar un post a Dona Urraca I de León, a quen a historia apenas lembra e que representou unha traxectoria como muller, nai e raíña que convén lembrar. Dona Urraca pasar por ser unha das personalidades máis polémicas…
Como seguramente saberedes este ano, 2020, en Tokio, entre os días 24 de xullo e 9 de agosto, estaba prevista unha nova edición dos Xogos Olímpicos, e que con motivo da crise que estamos a padecer víronse aprazados. Para saber algo máis sobre os Xogos Olímpicos fagamos un repaso da súa historia, desde a súa…
A asociación de animais, considerados como sacros, cos deuses que conformaron as diferentes culturas ao longo da historia da humanidade, é algo longamente repetido. Con esta entrada facemos un pequeno resumo deste feito, así como unha relación, non con carácter exhaustivo, senón meramente ilustrativo dalgúns dos animais que, con máis asiduidade, foron considerados sagrados. Os…
Non cabe dúbida que a Idade Media, foi un tempo de máximo esplendor da Igrexa católica, á vez que tiña unha forte influencia en todas as ordes da vida na época medieval. Diversas circunstancias explican esta extraordinaria influencia do clero na Idade Media, e as profundas pegadas culturais e relixiosas que deixaron en Europa e…
Nestes día nos que, desgraciadamente, o coronavirus ocupa as páxinas centrais das noticias de actualidade, non deixo de pensar noutras enfermidades contaxiosas que ocasionaron estragos ao longo da historia. De entre todas elas destaca a peste. En relación co coronavirus, a día de hoxe descoñecemos de certo a súa orixe, aínda que todo indica que…
Hoxe queremos dedicar esta entrada a falarvos dun dos monumentos máis valiosos do románico español. Estamos a referirnos á Real Colexiata de San Isidoro, na cidade de León. A súa riqueza ten a súa orixe na súa condición de lugar consentido pola prestixiosa monarquía leonesa na segunda metade do século XI e a primeira do…
Usamos cookies para asegurar que te damos la mejor experiencia en nuestra web. Si continúas usando este sitio, asumiremos que estás de acuerdo con ello.