Nesta entrada queremos contarvos algo sobre as roupas que utilizaban as mulleres na antiga Roma.
Por riba da roupa interior, as mulleres romanas vestían unha túnica sen mangas. Para levantar o busto adoitaban utilizar o fascia pectoralis, unha especie de corpiño que axudaba a darlle maior firmeza. O strophium e a mamillare eran tamén dúas pezas interiores utilizadas polas mulleres. Estas eran máis semellantes aos corpiños actuais. Estaban compostas por tiras de coiro que cubrían o busto sosténdoo e afirmándoo.
A túnica da muller chegaba ata os pés e era tan estreita por arriba coma por abaixo. Logo pasaron a vestirse coa stola, túnica longa de caída frouxa e cores variadas, bordado na beira e suxeito por un cinto adornado con xoias, un simple cordón ou unha cinta con bordados de cores. Ía cinguida cun strophium de coiro, e unha fascia pectoralis para soster o peito (precursor do suxeitador actual). Colocábase sobre a subucula, era de longo ata os pés, cinguíase cun cordón polas cadeiras de cun cinto baixo os peitos. Podía estar decorada cunha banda de cor púrpura. Era un indicador que nos comunicaba o seu estado civil.
As mulleres levaban distintos tipos de túnicas e de cores variadas. A stola, que era a que levaban as mulleres casadas, eran longas e uníanse nos ombreiros que quedaban ao descuberto. Hai que destacar que algunhas mulleres tiñan o privilexio de lucir orgullosas a stola matronae, roupaxes que únicamente podían vestir as que tiveran máis de tres fillos. Estas mulleres estaban moi ben consideradas pola sociedade romana, debido a que eran moi fértiles.
As mulleres tiñan un tipo de túnica moi popular, o chitón, cuxa orixe débese as culturas helénicas sendo adaptado aos estándares romanos. Do mesmo xeito que as túnicas convencionais, ésta conta con dúas pezas que son unidas ata os ombreiros, pero estes non son cosidos como nas túnicas regulares. Os ombreiros son unidos con botóns e pezas dando un patrón moi elegante, e quizá pequenas aberturas sobre os ombreiros da muller. Aínda que esta peza era case exclusiva das mulleres, hai retratos de homes utilizando chitones. Os chitones de seda eran buscados en gran medida polas mulleres. Entre as túnicas eran consideradas as pezas máis sedutoras que se podían acadar.
O peplos foi outro tipo moi popular entre as mulleres. Aínda que o seu confección era similar ás demais túnicas. Dúas pezas de tea cosidas aos costados. Este tipo de túnica presentaba unha diferenza: era tubular e os ombreiros non eran cosidos.
Por riba da stola vestían unha palla, tea rectangular que pasa sobre o ombreiro esquerdo e baixo o dereito, quedando nuevamente recollido sobre o esquerdo. As mulleres non vestían toga, se o facían era por ser atopadas adúlteras ou por ser prostitutas. Non estaba ben visto para a moral dunha muller de clase alta que esta camiñase ou viaxase polas rúas mostrando o seu pelo, xa que a palla que era unha especie de capa ou veo que se podía armar como unha toga, pero non era normal, vestila simulando unha toga, xa que as prostitutas anunciaban o seu oficio utilizando unha peza similar toga polas rúas. Isto facía que as mulleres utilizasen a súa palla como unha caparucha e non como unha toga en miniatura.
A cyclas era un manto circular feminino, de tea moi lixeira cunha cenefa decorada.
O ricinium era un manto máis pequeno e curto de cor negra ou escuro cunha franxa púrpura que se levaba normalmente desde a defunción ata a celebración das exequias.
A mitra era un tocado composto de bandas de tea a modo de gorro cónico que se ataba por baixo do queixo e podía utilizarse para recoller o pelo pola noite.
O supparrum era máis que nada unha capa que ía desde os ombreiros aos pés. Enganchábase da subucula e a súa característica era que lograba cubrir os brazos da muller envolvéndoa nun manto de seda, que era moi popular entre as mulleres adiñeiradas. As mulleres plebeyas adoitaban combinala cunha capucha dándolles unha peza máis utilitaria.
O manto feminino era o palio; colocado como un veo sobre a cabeza é indicio de viudedad. Durante o Baixo Imperio levábase na man un anaco de tea para secarse a cara, a facialia, e sobre os cabelos poñíase un veo, o anabole, cuxos extremos colocábanse ao redor do pescozo.
A paenula era nun manto cunha abertura, poderiamos dicir que asemellaba a un poncho dada as súas características. Atopámolo cadrado ou rectangular, de dimensións axustables ao tamaño da persoa. Aínda que non era exclusivo dos pobres era extensivamente usado por estes. Había paenulas con caparucha e sen caparucha. Polos ricos e pobres era común utilizala en viaxes e en días moi fríos. Podíase vestir tanto sobre a túnica como por sobre a toga.
Gustaban de adornar as súas cinturas con cintos en grao sumo variado, a través dos cales tamén demostraban o seu status social debido á cor ou a decoración dos mesmos.