A Catedral de Santiago, un do tres maiores santuarios de peregrinación da cristiandade, ten a pegada indisoluble do mestre Mateo, un xenio para unha Catedral. Sobre a Catedral en si, pouco comentaremos nesta entrada, pois sobre ela xa publicamos, hai escasas semanas unha entrada en exclusiva: A Catedral de Santiago. Historia, Fe e Lenda. …
Se quixésemos elixir un dos pintores máis controvertidos, o Greco sería un bo candidato. Este pintor, grego de berce, formación italiana e éxito en terras hispanas é, sen dúbida, un dos pintores máis orixinais do século XVI. Quen foi o Greco? O seu nome completo era Doménikos Theotokópoulos, nacido en Candía (hoxe en día:…
Para entender e contextualizar canto aconteceu durante a Idade Media no occidente europeo é necesario coñecer a denominada sociedade feudal. A sociedade feudal desenvolveuse coa aparición do feudalismo, un sistema que facía que a organización social realizásese a través das relacións de vasalaxe nunha estrutura piramidal da súa poboación. Tratábase dunhas sociedades estamentais, con tres…
Froito dun dos nosos últimos desprazamentos (cumprindo con todas as medidas restritivas vixentes) habemos redescuberto a grandeza do mosteiro de San Pedro de Rocas. Un singular e espectacular recinto, escavado na roca natural, polo que nel non poderemos atopar lixeiras estruturas góticas nin armoniosas proporcións renacentistas. Este antiquísimo mosteiro é un sobrevivente dos recintos que…
Unha parte dos elementos etnográficos e relixiosos máis importantes da terra galega son os cruceiros. Os cruceiros son unha expresión da devoción popular está na orixe da súa presenza nas cruces de camiños, na proximidade das igrexas, ermidas ou cemiterios. Por definición os cruceiros galegos é unha cruz situada encima dunha columna de pedra o…
Coñécese como as revoltas dos irmandiños, a unha auténtica rebelión popular que tivo lugar en Galicia na segunda metade do século XV, e que constitúe, sen dúbida, unha das principais revoltas acaecidas en territorio Europeo nese século. Moitos foron os que se referiron a ela como a rebelión na que “os gorrions correron detrás…
Usamos cookies para asegurar que te damos la mejor experiencia en nuestra web. Si continúas usando este sitio, asumiremos que estás de acuerdo con ello.