Benvidos!

O Blog Recreación da Historia é unha fiestra mediante a cal poder asomarse ao mundo da Historia, ao mundo das pequenas historias da vida social, política, cultural, literaria, artística, musical, patrimonio natural, das crenzas, costumes, curiosidades, etc.

As persoas debemos actuar como albaceas da historia, a fin de que non se perdan as nosas raíces e coñecer, por exemplo, o porqué de moitas dos nosos costumes, a nosa organización social ou a nosa forma de vida. O ser humano o é en tanto sabe ou debese saber de onde vén e, por tanto, ten a posibilidade de aprender do pasado.

Vivir a historia é unha posible fonte de felicidade, por iso animamos a todos os nosos lectores a ter curiosidade, a ler sobre ela, xa sexan monografías, novelas histórica ou calquera outro formato,  asistir a conferencias, cursos, ver películas de temática histórica, asistir a exposicións, investigar, debater, participar en eventos de recreación histórica, …  Fiestras a través das cales ampliar o noso mundo máis próximo e atopar, sen dúbida, focos de atención que nos farán máis felices. A curiosidade é o motor da aprendizaxe, e coa aprendizaxe todos sentimos, sen dúbida, máis realizados.

Neste Blog atoparedes pequenas pílulas divulgativas e tamén información sobre os eventos de recreación histórica que, periodicamente, prográmanse no noroeste peninsular.

Todas as publicacións teñen un contido sinxelo, con pretensións didácticas e pretende achegar unha visión complementaria, máis próxima e máis atractiva do temática obxecto de cada unha delas.

Nós, os administradores deste Blog, somos unha familia coruñesa, ávidos estudiosos sobre a Historia, que procuramos complementar os nosos coñecementos máis aló dos estudos que realizamos en Historia e Arte. Ademais, somos habituais participantes, nun bo número de eventos de recreación histórica na nosa contorna máis ou menos próxima.

Animámosvos a seguirnos, subscribirvos gratuitamente (o que vos permitirá recibir información periodicamente), comentar as nosas publicacións e facernos chegar cantas informacións ou suxestións consideredes oportunas.

Grazas pola vosa atención.

Saúdos cordiais.

Últimas publicacións

A lenda da Santa Compaña

Existe en Galicia a crenza moi xeneralizada de que a morte non é senón o simple tránsito do mundo dos vivos ao mundo dos mortos, e de que uns e outros manteñen unha frecuente relación de axuda mutua: os mortos axudando aos vivos nas súas dificultades na vida, e os vivos axudando aos mortos no seu difícil tránsito polo máis aló.

A arribada a Baiona tras o descubrimento de América

El de la llegada de la carabela La Pinta a la villa de Baiona, en la Rías Baixas gallegas, entre el 18 de febrero y el 1 de marzo del año 1493, (no se sabe con certeza, lo que sí se sabe es que la noticia llegó a la Corte, que se encontraba en Barcelona, el 4 de marzo),  al mando de La Pinta iba Martín Alonso Pinzón. Ese día, sin duda, supuso un momento histórico pues fue el primer puerto europeo en tenerlas noticias de la llegada a aquellas lejanas tierras.

Joaquin Sorolla, o mestre da luz luz

A obra de Sorolla tivo un profundo impacto nos movementos da arte moderno. Foi o primeiro pintor español en combinar as técnicas tradicionais da pintura académica coas influencias do impresionismo, postimpresionismo, simbolismo e fauvismo. A súa influencia pódese ver nas obras de artistas posteriores como Pablo Picasso, Salvador Dali e Joan Miro.

O Mosteiro de San Martiño Pinario

San Martiño Pinario é un conxunto que nos abre unha porta cara a unha dimensión na que os espazos se transforman en lenzos escultóricos, mostrando a obra de grandes xenios, arquitectos, escultores, tallistas,… que crearon unha obra maxestosa.

A orixe do circo

O circo non só bríndanos un espectáculo cheo de asombro e diversión, senón que tamén ten un impacto profundo na nosa sociedade. Desde a súa capacidade para unir ás persoas ata a súa influencia no desenvolvemento persoal e a inclusión social, o circo demostra que o entretemento pode ir máis aló da mera distracción. É unha celebración da diversidade, un vehículo para o crecemento persoal e unha plataforma para a inclusión.

O comercio na Idade Media

O comercio na Idade Media sentou as bases para o desenvolvemento do sistema económico moderno. Os roteiros comerciais establecidos durante este período facilitaron o intercambio de ideas, coñecementos e produtos entre distintas culturas e civilizacións.