Mercado Medieval en Narón, 2023
A celebración do Mercado Medieval na vila coruñesa de Narón, terá lugar entre os días 13 e 16 de xullo de 2023.
O parque de Freixeiro acollerá entre o xoves e o domingo o Mercado Medieval no que os veciños da vila, así como os visitantes poderán gozar dos 100 postos de venda de produtos artesanais e gastronómicos e locais de degustación.
Os horarios fixados son os seguintes:
A apertura será ás 18:00 horas do xoves e a tarde completarase coa estrea do campamento medieval, o recuncho infantil e a Escola de Cabaleiros.
Xa o venres, o recinto reabrirá ás 11:00 horas. A programación incluirá a visita do trasno Froilán e a activación da zona de restauración. Pola tarde, desde as 19:00 horas, pasacalles con compañías, músicos, personaxes fantásticos, acróbatas, zancudos ou matasanos.
A música será protagonista ás 20:15 horas, do mesmo xeito que A Tróupele de Luisete. Neste caso, diversos personaxes fantásticos desfilarán en zancos con Teatro Infinito e tamén visitarán o mercado Human non Limits, Turdión, a maxia de Baom, o peregrino Gandulf ou elfos. Desde as 23:00 horas, pasacalles con Malverok, o gran dragón, pirotecnia, lume e as gaitas e tambores de Treefolk.
O sábado comezará con máis música, monicreques e pasacalles, destacando o das 23:15 horas.
Monicreques, teatro, música ou paseos de personaxes fantásticos conformarán a axenda do domingo. Desde as 22:30 horas, pasacalles de peche cun espectáculo de lume, pirotecnia e acrobacias.
O público infantil tamén dispoñerá dunha nora, unha torre medieval, unha barca ou un carrusel e poderá coñecer oficios e xogos tradicionais.
Aquí deixámosvos o cartel anunciador: