Faladoiros galaico – romanos, Cambre
Coa vista posta na feira galaico romana de Galaicoi, que desde fai tres anos, celébrase no mes de xullo na localidade coruñesa de Cambre, e como elemento de presentación e difusión, o Concello organizou unha serie de representacións e charlas: os “Faladoiros Galaico-Romanos”.
Esta iniciativa concrétase en tres “Faladoiros” que se celebrarán nos meses de marzo e abril. Os encontros consistirán en conferencias, representacións de pequenas pezas teatrais, concertos, degustacións de gastronomía romana e talleres infantís e xuvenís organizadas desde o Museo de Cambre. Para a súa realización contarán coa colaboración de asociacións de recreadores.
As xornadas serán:
• Día 2 de marzo de 2019, ás 11 horas, no Museo de Cambre: “As orixes do teatro greco-latino”.
• Día 23 de marzo de 2019 ás 11 horas, no Museo de de Cambre: “O calzado na antigüedade”.
• Día 13 de abril de 2019, ás 16:00 horas, no Parque Ramón Barba, O Temple: “Historia viva”.