Dentro desta web dedicamos un espazo no que poder aportar a nosa experiencia tras varios anos asistindo a numerosas festas e eventos de recreación histórica. Irémosvos falando sobre sitios onde durmir, comer, adquirir vestimenta e complementos, calzado de época, orfebrería, artesanía, etc. Todas as nosas proposta neste ámbito baséanse na nosa experiencia a hora de mercar ou consumir, e non responde a ningún incentivo lucrativo ou económico.
Nesta entrada falarémosvos sobre onde poder adquirir traxes para caracterizarvos ao “xeito” medieval. E aínda que, adoitamos adquirir pezas de vestir medievais a tres proveedores distintos, dependendo o tipo de traxe ou fin perseguido, hoxe ímosvos a falar sobre un deles que conxuga un bo prezo cun magnífico deseño e calidade de teas e acabados. Estamos falando de Popelín. Guadalupe, así se chama a propietaria e “alma mater” desta empresa familiar, presenta un magnífico catálogo de traxes medievais realizados con deseños propios e que se poden adaptar aos clientes que queiran unha confección personalizada.
A súa sé principal está en Bueu (Pontevedra), no entanto, móvense por moitas localidades, de feito nós fixémoslle compras en Corcubión e Betanzos, ademais dalgúns encargos personalizados. A súa oferta é de traxes para mercar ou aluguar. No caso dos de aluguer, polo que sabemos obtén unha magnífica resposta durante a súa estancia no Liceo de Betanzos (sito na Praza de Galicia), coincidindo coa Feira Franca que anualmente realízase nesta localidade nos primeiros días do mes de xullo. A outra vía é a adquisición, e pódense adquirir a través de internet www.trajemedieval.com, ou vendo “in situ” as súas propostas. Guadalupe presenta unha colección de centenares de deseños, con boas calidades de teas e acabados. Ten traxes para os máis pequenos, talla 0, ata os máis fores, talla 3XL, con traxes para caracterizarse como cabaleiros, arqueros, cortesás, damas, princesas, campesiñas, etc. Ademais presenta tamén un bo número de complementos como: cintos, túnicas, bolsos, mandiles, coroas, gorros, etc.
Nós mercamos varias pezas, en diferentes anos, para os tres (dous adultos e unha nena) e todos están en magnífico uso, o que acredita a súa boa calidade e confección. De feito, actualmente estanos facendo un pedido personalizado.
Si estades interesados en contactar con ela, podedes facelo a través da web antes apuntada, na que ten unha tenda online, a través de teléfono ou WhatsApp por medio do número 661535640, ou mediante correo electrónico info@trajemedieval.com.
Esperamos que esta suxestión resúltevos de utilidade.