Sen dúbida Castelao, noutros lugares do mundo, sería un home máis lembrado e estaría moito máis presente na vida do pobo. Pero por diferentes motivos, o seu legado non aparece demasiado vívido na sociedade galega, e moito menos nas organizacións políticas e sociais, que en moitos casos, como pasou con outros moitos grandes homes da historia, a súa figura foi incorporada e apropiada por diferentes entidades, partidos e persoas cun pensamento e unha conciencia de pobo moi distante da que Castelao tiña.
Na nosa liña de repasar dedicada a vida e historia de personaxes que deixaron pegada, hoxe aproximámonos a José Sellier, un home moi vinculado ao mundo cinematográfico, e coñecido por ser o autor da primeira película española da historia, filmación datada en 1897. Ademais, a súa vinculación á nosa cidade, A Coruña, é un aliciente…
Os lazaretos son hospitais ou edificios onde se illaban e trataban a todos aqueles enfermos que padecían enfermidades contaxiosas, fundamentalmente a lepra ou a tuberculose.
Xa en tempos da cristiandade críase que os Nubeiros eran en realidade pequenos demos expulsados do ceo por San Miguel que buscaban vinganza e aproveitaban a menor ocasión (un remuíño de area ou un tornado) para impulsarse e subir ás nubes, para desde alí amolar aos homes manexando ao seu antollo o clima.
Na Idade Media, os monxes desempeñaron un papel fundamental na vida relixiosa e espiritual da sociedade. Renunciaban aos praceres mundanos e comprometíanse a vivir en pobreza, castidade e obediencia.
Usamos cookies para asegurar que te damos la mejor experiencia en nuestra web. Si continúas usando este sitio, asumiremos que estás de acuerdo con ello.