No marco da actuación da Inquisición, que de maneira xenérica, xa abordamos neste Blog na nosa entrada “A negra historia da Santa Inquisición”, publicada o 10 de xuño de 2020, queremos profundar na figura da muller, protagonista, en moitas ocasions, da persecución do Santo Oficio. Hai que ter presente que no seu afán por garantir…
Ao falar do Exipto dos Faraóns deseguido quedamos fascinados coas historias dos seus reinados, os seus templos, os sarcófagos de ouro e, sobre todo as enigmáticas pirámides. No entanto, hai un aspecto pouco coñecido e é o papel da muller no Exipto dos Faraóns. Lembremos que ao falar do Antigo Exipto estamos a referirnos a…
O filósofo Christian DelaCampagne coa súa obra “Historia da filosofía no século XX” asume como obxectivo facer un repaso pormenorizado da chegada da modernidade nunha época chea de horror, marcada polas guerras e algunhas das súas máis crueis manifestacións como Auschwitz. O horror que se vincula ao recordo da IGM é debido sobre todo á…
Unha das obras pictóricas máis coñecidas do mundo é a da Gioconda ou Mona Lisa. A súa imaxe foi e é copiada, manipulada, usada e repetida até a saciedade. Esta obra xerou unha industria de copias en si mesma. Carteis, broches, cuncas, camisetas, chisqueiros, panos de seda e todo tipo de obxectos, así como unha…
No marco das entradas que estamos a dedicar periodicamente á orixe de certos costumes, tradicións, ou ben da xeneralización do uso de certos bens ou servizos, hoxe, dada a proximidade das festas, imos centrarnos en buscar a orixe da representación do Belén de Nadal, tamén coñecido como pesebre, en moitos dos fogares. Antes de nada,…
Na fermosa vila de Muros o visitante sorprenderase gratamente cunha excelente xoia que se erixe no alta da mesma. A igrexa Parroquial de Muros, antigamente coñecida por Colexiata de Santa María del Campo está construída sobre unha igrexa románica datada no século XII. Hoxe forma parte da igrexa parroquial de San Pedro de Muros. A…
Usamos cookies para asegurar que te damos la mejor experiencia en nuestra web. Si continúas usando este sitio, asumiremos que estás de acuerdo con ello.