Benvidos ao Blog dedicado á Recreación da Historia!
Este Blog pretende converterse nun punto de encontro para todos os interesados en coñecer aspectos da Historia, como as diferentes civilizacións, a súa cultura, manifestacións artísticas, vida social, crenzas, etc. E doutra banda, tamén pretendemos manter unha canle de información sobre as numerosas iniciativas que, no ámbito da recreación da historia, atopamos no Noroeste da península Ibérica.
A historia, ademais do propio interese que emana por si mesma, tamén nos permite coñecer, entre outras moitas cousas, o porqué de moitas dos nosos costumes, a nosa organización social ou a nosa forma de vida.
Doutra banda, a proliferación de festas, feiras, mercados e todo tipo de actividades de recreación da historia, reflicte o éxito que este tipo de eventos ten tanto desde o punto de vista turístico, como cultural, social e recreativo. Ademais da súa vertente lúdica e festiva, moitas desas iniciativas teñen un transfondo divulgativo que, apreciado ou non por algúns, sen dúbida axúdannos a coñecer como se vivía naqueles tempos.
Nós, os administradores deste Blog, somos unha familia coruñesa, ávidos lectores e estudiosos da historia e a arte, afeccionados e participantes, ademais, nun bo número de eventos de recreación histórica na nosa contorna máis ou menos próxima. Queremos ofrecer a nosa axuda para que todos aqueles interesados no coñecemento e divulgación da historia, sobre todo daquela parte da historia que serviu para sentar as bases da nosa sociedade actual, teñan acceso á información e o coñecemento que desexen nestas materias, sempre a través dunha serie de publicacións de temática moi concreta, que confiamos incorporen unha atractiva lectura.
Tentamos abordar os distintos aspectos daquelas sociedades pasadas, presentando as diferentes entradas no apartado “Recuncho da historia”.
No “Blog” atoparedes a información relativa aos eventos de recreación histórica, sobre as cales adoitamos incorporar os seus antecedentes históricos, datas en que se celebran, programas de actos, etc, ademais da nosa persoal opinión sobre cada unha destes eventos, para, mediante un formato próximo á crónica dun viaxeiro, opinar e informar o seu interese e contido, incorporando imaxes, vídeos, ligazóns, comentarios de lectores e seguidores, consellos sobre os mellores sitios para aloxarse, comer ou atopar o vestiario e complementos apropiados, etc.
No apartado de “Eventos” recollemos, en formato de calendario, a programación dos distintos eventos, conforme se van concretando e confirmando.
Por último, en “Suxestións” facemos propostas para visitar, saber ou profundar no coñecemento de lugares, lecturas, etc.
Animámosvos a seguirnos, subscribirvos gratuitamente, o que vos permitirá recibir información periodicamente, comentar as nosas publicacións e facernos chegar informacións ou suxestións.
Grazas pola vosa atención.
Saúdos cordiais.