Benvidos!

O Blog Recreación da Historia é unha fiestra mediante a cal poder asomarse ao mundo da Historia, ao mundo das pequenas historias da vida social, política, cultural, literaria, artística, musical, patrimonio natural, das crenzas, costumes, curiosidades, etc.

As persoas debemos actuar como albaceas da historia, a fin de que non se perdan as nosas raíces e coñecer, por exemplo, o porqué de moitas dos nosos costumes, a nosa organización social ou a nosa forma de vida. O ser humano o é en tanto sabe ou debese saber de onde vén e, por tanto, ten a posibilidade de aprender do pasado.

Vivir a historia é unha posible fonte de felicidade, por iso animamos a todos os nosos lectores a ter curiosidade, a ler sobre ela, xa sexan monografías, novelas histórica ou calquera outro formato,  asistir a conferencias, cursos, ver películas de temática histórica, asistir a exposicións, investigar, debater, participar en eventos de recreación histórica, …  Fiestras a través das cales ampliar o noso mundo máis próximo e atopar, sen dúbida, focos de atención que nos farán máis felices. A curiosidade é o motor da aprendizaxe, e coa aprendizaxe todos sentimos, sen dúbida, máis realizados.

Neste Blog atoparedes pequenas pílulas divulgativas e tamén información sobre os eventos de recreación histórica que, periodicamente, prográmanse no noroeste peninsular.

Todas as publicacións teñen un contido sinxelo, con pretensións didácticas e pretende achegar unha visión complementaria, máis próxima e máis atractiva do temática obxecto de cada unha delas.

Nós, os administradores deste Blog, somos unha familia coruñesa, ávidos estudiosos sobre a Historia, que procuramos complementar os nosos coñecementos máis aló dos estudos que realizamos en Historia e Arte. Ademais, somos habituais participantes, nun bo número de eventos de recreación histórica na nosa contorna máis ou menos próxima.

Animámosvos a seguirnos, subscribirvos gratuitamente (o que vos permitirá recibir información periodicamente), comentar as nosas publicacións e facernos chegar cantas informacións ou suxestións consideredes oportunas.

Grazas pola vosa atención.

Saúdos cordiais.

Últimas publicacións

Giuseppe Garibaldi, o mito do héroe romántico

Garibaldi pasou á historia como un destacado líder e militar italiano, que se converteu nunha figura emblemática da loita pola independencia e a creación dun estado italiano unificado.

A gran muralla chinesa

Uno dos maiores misterios que rodea a construción da Gran Muralla Chinesa é como se logrou levantar unha estrutura tan monumental e extensa coas limitadas ferramentas e tecnoloxías dispoñibles na antigüidade.

Atila e os hunos

Atila encargouse de devastar as terras que ían desde o Mar Negro ata o Mediterráneo, inspirando temor en todo o Imperio Romano. Alcumado tamén co nome de “Flagellum Dei” (Azoute de Dios), Atila consolidou o seu poder despois de asasinar o seu irmán para converterse no único gobernante dos hunos, expandindo o seu goberno para incluír moitas tribos germánicas atacando o Imperio Romano de Oriente en guerras de extracción.

O Senado romano

Na Antiga Roma, o Senado constituía unha das institucións de goberno máis importantes, cun importante papel na toma de decisións políticas e a administración.

O can de Urco, criatura mitoloxica galega

A análise do Urco galego, como calquera outra manifestación da cultura popular de tradición oral, evidencia unha riqueza cognitiva que, aínda que poida parecer estraña e afastada na actualidade, resulta de gran axuda para interpretar os mecanismos que integran o funcionamento da nosa sociedade a todos os niveis (social, económico, ideolóxico, relixioso, cultural) e, por suposto, a que un día deu sentido á súa existencia e recreou os seus relatos para comprender mellor o mundo no que vivía.

O Titanic, o afundimento do insomerxible

A historia do Titanic é moito máis que o relato dun desastre marítimo. É unha historia de ambición humana e os seus límites, de desigualdade social e as súas consecuencias, de valentía e covardía fronte á adversidade.