Benvidos!

O Blog Recreación da Historia é unha fiestra mediante a cal poder asomarse ao mundo da Historia, ao mundo das pequenas historias da vida social, política, cultural, literaria, artística, musical, patrimonio natural, das crenzas, costumes, curiosidades, etc.

As persoas debemos actuar como albaceas da historia, a fin de que non se perdan as nosas raíces e coñecer, por exemplo, o porqué de moitas dos nosos costumes, a nosa organización social ou a nosa forma de vida. O ser humano o é en tanto sabe ou debese saber de onde vén e, por tanto, ten a posibilidade de aprender do pasado.

Vivir a historia é unha posible fonte de felicidade, por iso animamos a todos os nosos lectores a ter curiosidade, a ler sobre ela, xa sexan monografías, novelas histórica ou calquera outro formato,  asistir a conferencias, cursos, ver películas de temática histórica, asistir a exposicións, investigar, debater, participar en eventos de recreación histórica, …  Fiestras a través das cales ampliar o noso mundo máis próximo e atopar, sen dúbida, focos de atención que nos farán máis felices. A curiosidade é o motor da aprendizaxe, e coa aprendizaxe todos sentimos, sen dúbida, máis realizados.

Neste Blog atoparedes pequenas pílulas divulgativas e tamén información sobre os eventos de recreación histórica que, periodicamente, prográmanse no noroeste peninsular.

Todas as publicacións teñen un contido sinxelo, con pretensións didácticas e pretende achegar unha visión complementaria, máis próxima e máis atractiva do temática obxecto de cada unha delas.

Nós, os administradores deste Blog, somos unha familia coruñesa, ávidos estudiosos sobre a Historia, que procuramos complementar os nosos coñecementos máis aló dos estudos que realizamos en Historia e Arte. Ademais, somos habituais participantes, nun bo número de eventos de recreación histórica na nosa contorna máis ou menos próxima.

Animámosvos a seguirnos, subscribirvos gratuitamente (o que vos permitirá recibir información periodicamente), comentar as nosas publicacións e facernos chegar cantas informacións ou suxestións consideredes oportunas.

Grazas pola vosa atención.

Saúdos cordiais.

Últimas publicacións

José Sellier, coruñés, pioneiro cineasta

Na nosa liña de repasar dedicada a vida e historia de personaxes que deixaron pegada, hoxe aproximámonos a José Sellier, un home moi vinculado ao mundo cinematográfico, e coñecido por ser o autor da primeira película española da historia, filmación datada en 1897. Ademais, a súa vinculación á nosa cidade, A Coruña, é un aliciente…

Charles Darwin, o pai da teoría da evolución

Poucas veces as teorías dun científico poden cambiar as ideas como o fixo a Teoría da Orixe das Especies escrita por Charles Darwin despois da súa viaxe a bordo do Beagle.

O Mosteiro de Samos, o máis antigo de Occidente

Durante siglos, el monasterio de Samos fue el protagonista del tramo del Camino de Santiago Francés, que discurre entre Triacastela y Sarria, siguiendo la fértil vega que avanza en paralelo a la ruta que transcurre a través de Zoo, Montán y Calvor, citada por el Códice Calixtino.

A orixe da carta escrita

Ao longo dos séculos, a carta evolucionou e adaptouse ás necesidades cambiantes da humanidade. Coa invención da impresión e a masificación do papel, a carta volveuse máis alcanzable e accesible para o público en xeral.

A vida dos monxes na Idade Media

Na Idade Media, os monxes desempeñaron un papel fundamental na vida relixiosa e espiritual da sociedade. Renunciaban aos praceres mundanos e comprometíanse a vivir en pobreza, castidade e obediencia.

Os suevos en Galicia

O reino suevo de Galicia foi moi pouco estudado e referenciado ao longo destes anos de revisionismo historiográfico de hoxe en día. É necesario un estudo máis profundo, non só das fontes escritas, tamén das arqueolóxicas, para poder aclarar moitos aspectos que hoxe seguen na sombra. Unha sociedade como a sueva, capaz de dominar sobre tan amplos territorios, ben merece un lugar destacado da Historia española.