A Idade Media careceu de Teatro, con maiúscula, pero a cambio procedeu a teatralizar os principais acontecementos da vida. A liturxia, a morte, as entradas de personaxes reais nas cidades, os torneos, as festas… rodéanse dun complexo aparello espectacular integrado frecuentemente por recursos escenográficos que hoxe consideramos teatrais, incluíndo diálogos, acción etc.
As choradeiras eran mulleres que colaboraban nos ritos funerarios. Choraban e louban ao defunto no velorio, na procesión e ás portas do templo, e iso a cambio dunha certa paga. O número era maior ou menor en función do orzamento achegado pola familia.
O bico é algo que vai implícito ao ser humano. O bico expresa o amor, o afecto, a tenrura… pero tamén se converteu nun símbolo de saúdo, por non dicir nun símbolo de traizón “o bico de Judas”. En todo caso, o significado do bico e o seu uso varía segundo as culturas dos distintos…
Decía Oscar Wilde que a vida imita á arte. Facendo un simil, e respecto á vida dos Romanov, os últimos Zares de Rusia, poderíamos dicir que a vida imita a ficción. E é que a súa vida e final parecen máis propios dunha novela que dunha serie de feitos reais.
Na tradición cristiá, o xuízo dos mortos sitúase nun contexto apocalíptico ao final dos tempos. O concepto de Xuízo Final irá evolucionando a partir da concepción básica da chegada da Apocalipse, momento en que se decide conxuntamente o destino final da humanidade.
Usamos cookies para asegurar que te damos la mejor experiencia en nuestra web. Si continúas usando este sitio, asumiremos que estás de acuerdo con ello.