A lenda da Santa Compaña
Existe en Galicia a crenza moi xeneralizada de que a morte non é senón o simple tránsito do mundo dos vivos ao mundo dos mortos, e de que uns e outros manteñen unha frecuente relación de axuda mutua: os mortos axudando aos vivos nas súas dificultades na vida, e os vivos axudando aos mortos no seu difícil tránsito polo máis aló.