En primeiro lugar hai que dicir que a historia, por propia definición, comeza coa aparición da escritura. O período previo á aparición da escritura constitúe o ámbito do que se denomina prehistoria. En todo caso, débese ter presente que a escritura é moito máis antiga que o alfabeto. Empecemos estudando a orixe da escritura: A…
Ao falar do Exipto dos Faraóns deseguido quedamos fascinados coas historias dos seus reinados, os seus templos, os sarcófagos de ouro e, sobre todo as enigmáticas pirámides. No entanto, hai un aspecto pouco coñecido e é o papel da muller no Exipto dos Faraóns. Lembremos que ao falar do Antigo Exipto estamos a referirnos a…
A maioría das relixións ofrece aos seus fieis a terra prometida. No antigo Exipto non era diferente e o paraíso era algo que esperaban todos os que morrían. A morte no Exipto antigo era considerada como unha pasaxe cara a unha segunda vida e isto dáballe un sentido positivo. Tras ela, o espírito entraba no…
Con esta nova entrada imos tentar facer unha aproximación á orixe dunha bebida tan popular e estendida nos nosos días: a cervexa. Aínda que imaxinamos que coñecida por todos os lectores deste Blog, comezaremos por concretar que a cervexa é unha bebida, unha bebida alcohólica. Unha das bebidas alcohólicas máis populares na actualidade. Caracterízase por…
A asociación de animais, considerados como sacros, cos deuses que conformaron as diferentes culturas ao longo da historia da humanidade, é algo longamente repetido. Con esta entrada facemos un pequeno resumo deste feito, así como unha relación, non con carácter exhaustivo, senón meramente ilustrativo dalgúns dos animais que, con máis asiduidade, foron considerados sagrados. Os…
Non foi ata o século XIX, co desenvolvemento da arqueoloxía exipcia, que Akenatón volveu saír á luz. As ruínas de Amarna, os relevos da súa familia e, especialmente, o achado das cartas de Amarna, permitiron reconstruír aspectos fundamentais do seu reinado.
Usamos cookies para asegurar que te damos la mejor experiencia en nuestra web. Si continúas usando este sitio, asumiremos que estás de acuerdo con ello.