Romería Vikinga de Catoira
Un ano máis, e chegamos á LIX edición, o primeiro domingo do mes de agosto, este ano día 4, terá lugar a decana das festas de recreación histórica que teñen lugar en Galicia, hablamos da Romaría Viquinga que se celebra na localidade coruñesa de Catoira.
A festa comeza sobre as 10 da mañá, coa actuación de grupos folclóricos polas rúas de Catoira e no lugar de celebración, as Torres do Oeste. Trátase dun conxunto fortificado do século IX (un dos legados arqueolóxicos e históricos máis importantes de Galicia que durante séculos resistiu o ataque de exércitos) que conserva restos de dúas torres e unha ermida dedicada ao Apóstolo Santiago. Neste sitio instálase un mercadillo medieval e, ao mediodía, obséquiase aos romeus con mexillóns e viño do Ulla. Máis tarde, chega o prato forte dos festexos: o desembarco. A bordo da réplica dun barco viquingo do século XI chegan os invasores do norte á costa co obxectivo de tomar as Torres do Oeste. Os habitantes da vila tentan resistir e é entón cando se produce unha batalla simulada, onde os participantes acaban completamente empapados de viño. Tras a loita, todos gozan dunha comida campestre de confraternización, amenizada co son das típicas gaitas e con produtos da terra como polbo, sardiñas asadas, empanadas… A diversión continúa até pola noite, coa verbena popular que se organiza e complétase con outras actividades como un pregón literario ou a escenificación dunha obra de teatro.