Romaría vikinga de Catoira 2023
A espectacular Romaría vikinga que cada ano ten lugar na localidade pontevedresa de Catoira, este año será entre os días 1 e 6 de agosto.
Os viquingos nos séculos IX e X chegaron a Galicia con intención de saquear as nosas terras, en concreto facerse co ouro de Jaobsland, como denominaban a Santiago de Compostela, e atopáronse coa resistencia das tropas do Castellum Honesti, que impediron durante esa época o ascenso polo río dos exércitos normandos e dos piratas sarracenos, ata o punto de ser considerada esta fortaleza a «Chave e selo de Galicia».
A tradición desta festa profana remóntase a 1960, cando se celebrou por vez primeira un acto rememorando os desembarcos nas terras do Ulla.
As embarcacións viquingas que se utilizan no desembarco —o drakkar «Torres de Oeste» e o «Frederikssund»— son o resultado dos contactos establecidos cos países nórdicos. O drakkar « Frederikssund » é unha adaptación do Gokstad, un barco viquingo atopado en Noruega, e que combina tamén deseños decorativos inspirados na fermosa nave Oseberg. En 2019 constrúese unha nova nave co fin de dar resposta á crecente demanda das persoas que cada ano desexan participar no asalto á fortaleza, á vez que se de a maior espectacularidade ao evento. Esta última embarcación chámase Ardglass-Catoira, en homenaxe á asociación Ardglass Vikings, de Irlanda do Norte, coa que Catoira ten estreitos vínculos.
A Romaría Viquinga celébrase nas Torres de Oeste, situadas na beira do río Ulla e que aínda hoxe en día vixían majestuosamente a entrada desde a ría de Arousa ao río Ulla.
As embarcacións cos viquingos a bordo navegan cara aos illotes de As Lobeiras, onde planifican o ataque. Desde alí parten cara ás Torres do Oeste seguidos de numerosas embarcacións congregadas para presenciar o espectáculo. Os drakkar fan un primeiro percorrido antes de atracar; os guerreiros golpean as súas espadas contra os escudos e levántanas en sinal de ameaza.
Xa preto de terra os piratas nórdicos saltan e corren en busca do seu botín, barrís de viño tinto colocados para a ocasión. O seu contido é vertido en cascos e cornos e comeza un espectáculo de grandes dimensións.
O programa da Romaría Viquinga inclúe unha ampla programación cultural que se desenvolve durante a semana previa ao desembarco, e que conta con concertos, exposicións, presentacións de libros, charlas e competicións deportivas. A festa, de Interese Turístico Internacional, atrae cada ano a máis de 50.000 persoas.
PROGRAMA ROMARÍA VIKINGA 2023
MARTES 1, MIERCOLES 2 E XOES 3 DE AGOSTO / 22:15 h / Recinto das Torres do Oeste
Teatro: «Un neno vikingo», basada en la obra de Kristina Berg
XOVES, 3 DE AGOSTO / 21:00 h / Recinto das Torres do Oeste
Concierto: Clara Pino & Pablo Vidal
VENRES 4 DE AGOSTO:
Pasaruas de Upsala Medieval indo da Alameda o Concello hasta a Praia Fluvial
22:00 h / Concertos de: Luar na Lubre y Skáld
SABADO 5 DE AGOSTO:
Comida Vikinga / 14:30 h / Recinto das Torres do Oeste / Venta de entradas
Mercado medieval
17:00 h – Desfile infantil de vestuario vikingo
Actuacións de Upsala Medieval
19:30 h – Concerto de Uxía Lambona e a Banda Molona
Pasaruas de Upsala Medieval indo do Recinto das Torres d Oeste hasta la Praia Fluvial.
Vikinsons / Alameda da Praia Fluvial de Catoira.
21:00 h / Concertos de: Bloody Sunrise, Celtas Cortos, Dakidarría y Lontreira
DOMINGO 6 DE AGOSTO:
Desembarco Vikingo / Recinto das Torres do Oeste
10,00 h Pasaruas de grupos folclóricos indo da Alameda do Concello hasta o recinto das Torres de Oeste.
11,00 h Mexillonada e viño do Ulla e mercado medieval no recinto das Torres do Oeste
12,00 h Actuacións de Troula e Upsala Medieval nas Torres do Oeste
12,30 h Dramatización do desembarco vikingo nas Torres do Oeste
13,45 h Actuacións de Troula e Upsala Medieval nas Torres do Oeste
14,00 h Comida campestre
19,00 h Rudi Dudi – Clown namorado na Alameda do Concello
20,30 h Concerto de TOR – Folk céltico de Galicia na Alameda do Concello
Mais información en: