Mercado Medieval A Liorta, Carballiño
O Mercado Medieval do Carballiño A “Liorta” celebrarase os días 19 a 21 de xullo.
Entre as actividades programadas podemos citar: pases de cetraría, charlas didácticas, combates corpo a corpo, espectáculos circenses, de lume, e música, talleres de vidro, cestaría e pedra, concurso de traxes de época de carácter infantil, e unha representación teatralizada do conflito xurdido entre as parroquias de Mesego, Arcos e Partovia, correspondentes ás xurisdicións medievais de Oseira, encoméndaa de Beade e San Martin Pinario, polos dereitos da feira do Carballiño.
Os postos de mercado, artesanía e produtos gastronómicos estarán desde a Praza Emilia Pardo Bazán, pola rúa do Paseo, e Praza Maior, até a Praza da Veracruz.