Festa Castrexa de Burela 2020
Xa temos data confirmadas para a IX edición da Festa Castrexa de Burela, organizada pola Asociación Castrexa Burela. Terá lugar os días 26 a 28 de xuño.
Burela é un municipio da costa lucense, pertencente á Mariña Central. A historia de Burela remóntase a tempos prerromans: os restos máis antigos de poboacións atopados atópanse na zona do Castro de Burela, situado na parte extrema do cabo. De feito un dos emblemas da vila é un Torques (actualmente no Museo Provincial de Lugo) e que forma parte do escudo de Burela. Tamén hai restos dun hipocausto romano e de varias construcións da mesma época. Burela estivo baixo xurisdición da Igrexa ata que en 1593 Felipe II incorporouno á Coroa Real e concede unha carta de privilexio en favor do Bispo de Mondoñedo). Diversos avatares posteriores producidos tras a eliminación das antigas xurisdicións pola Constitución de Cádiz de 1812 levou ao estado actual da vila.