Feira Franca de Pontevedra, 2023
A edición deste ano, 2023, da Feira Franca que se celebra na vila de Pontevedra, alcanza a número XXII, e terá lugar os días 1 e 2 de setembro.
O punto de partida terá lugar na tarde do venres día 1, cando, arredor das 18:30 horas, os pregoneiros a anuncien a caballo mentres percorren o centro histórico da cidade.
Durante os tres días de festa, os residentes e visitantes poderán desfrutar dun gran número de actividades, como son os espectáculos de tiro con arco, demostracións de cetrería, música na rúa con diferentes trovadores, demostracións das habilidades de malabaristas, tamén de diferentes oficios da época, torneos de esgrima, xustas medievais, recreacións teatrais, como a de transporte do viño que chegaba desde as zonas do Ribeiro, na provincia de Ourense, etc.
Non faltará o habitual mercado no que poder adquirir produtor artesanais, así como os postos de gastronomía para a degustación de diferentes ofertas de produtos e alimentos medievais e máis contemporáneos.
Aquí tedes o programa de actividades: