Asalto ao Castelo de Vimianzo, 2022
Chega unha nova edición dun evento diferente, sempre interesante e atractivo. O Asalto ao Castelo de Vimianzo terá lugar o primeiro fin de semana do mes de xullo, concretamente o sábado día 2, e este ano alcanza a máxica XXV edición.
Este evento é unha celebración que se inspira na Gran Guerra Irmandiña, que comezou no ano 1467 en toda Galicia, momento no que o pobo se sublevou contra o poder abusivo do señores feudais.
Coa representación teatralizada deste feito histórico, do algunha maneira simbolízanse as inxustizas, en clave de humor, surrealismo e retranca, contando coa sempre atractiva participación do público.
Aínda que esta representación é o eixo central da festa, ou certo é que hai un bo número de actividades que axudan a completala e mellorala. Atoparemos música, gastronomía e numerosas actividades para maiores e pequenos.
Aqui tedes o programa de actividades. Podedes atopar mas información en https://www.asaltoaocastelo.gal/
SÁBADO 25 DE XUÑO
11:00 + 17:00 | Visita Guiada (Castelo)
21:00 | VI Legua Irmandiña (Praza do Concello-Castelo de Vimianzo)
DOMINGO 26 DE XUÑO
10:30 | Ruta Teatral á Cruz do Loureiro. Diálogo co Tempo e co Lugar
(Praza Castelao-Castelo)
17:00 | Visita Guiada (Castelo)
DE LUNS 27 DE XUÑO…
…A VENRES 1 10:00 a 14:00 | Semana Medieval (Campamento VimiVerán)
DE MARTES 28 DE XUÑO…
…A SÁBADO 2 12:00 a 15:00 e 19:00 a 23:00 | XIII PINCHOS IRMANDIÑOS
…A DOMINGO 3 10:30 a 14:00 e 16:00 a 20:30 | Mostra de Artesanía en Vivo (Castelo)
XULLO 30 DE XUÑO
12:00 | Xornada Internacional sobre Patrimonio Cultural e Camiños de Santiago (Casa de Cultura)
20:00 | Espazo Artístico Itinerante (Rúa)
20:00 | Des-enterro Irmandiño (Rúa)
VENRES 1 DE XULLO
20:00 | Espazo Artístico Itinerante (Rúa)
21:00 | IV Enlace Irmandiño (Foso do Castelo)
21:30 | XI Cea Medieval (Foso do Castelo)
00:00 | Noite Meiga (Foso do Castelo)
00:00 | Portas Abertas: Cé Orquestra Pantasma
Queimada. Loita druídica: Roberto Traba vs Miguel Queiro
01:00 | Concertos: Monoulious Dop
A Banda da Balbina
SÁBADO 2 DE XULLO
MAÑÁ (PRAZA DO CONCELLO, agás especificacións)
10:00 a 20:30 | X Feira Artesanal
11:00 a 13:00 | Xogoflexia. Obradoiros Infantís: Cruz Vermella
11:10 a 12:00 | Xogos de Mesa Irmandiños (Demo): INCUDE
11:30 | Xadrez: Torneo de Rápidas INCUDE
12:30 | Torneo de Clash Royale: INCUDE
12:45 | Músicas do Mundo Revolucionário: Suso Quinito
13:00 | Taller de Esgrima Infantil: Club Falcata HEMA
13:15 | Técnicas de Combate Medieval: Club Falcata HEMA
13:30 | Moda Medieval. Cómo vestía un soldado: Club Falcata HEMA
13:45 | Espazo Artístico Itinerante (Rúa)
13:45 | Sesión vermú ambulante: Lilicleta (Rúa)
TARDE (PRAZA DO CONCELLO, agás especificacións)
16:00 | Torneo Internacional de Xadrez por Internet: INCUDE
16:00 | Aturuxos Irmandiños: Arenga Musical con Medio Quinhón
16:30 a 17:40 | ASALTIÑO
16:30 | Irrupción da Hoste dos Moscoso
17:00 | Concentración de Tropa (Praza Castelao)
17:10 | Ataque ao Castelo (Foso do Castelo)
17:40 | Viaxe no tempo. Historia Dramatizada do Castelo (Patio de Armas do Castelo)
18:15 | Moda Medieval. Cómo vestía un soldado: Club Falcata HEMA
18:30 | Técnicas de Combate Medieval: Club Falcata HEMA
18:45 | Taller de Esgrima Infantil: Club Falcata HEMA
19:00 | VI Irmandade Parroquial
19:40 | Presentación da Muiñeira de Vimianzo: Medio Quinhón
19:50 | Pregón + Izado da Bandeira Irmandiña
20:00 | Des-Concerto: Los Jinetes del Trópico
20:10 | Circuíto Musical (Rúa): A. C. Trubisquiña
Batucada As Curandeiras-Kosoko Nasera
Medio Quinhón
Batucada Rapacollón’s Big Band Fisterra
Lilicleta
21:00 | Música con Marcos:
Teima (Praza Castelao)
Sapoconcho Sem Poncho (Rúa Vázquez Mouzo)
NOITE (ZONA DE CONCERTOS)
21:00 | CEA
22:00 | Sés
23:30 | ASALTO AO CASTELO
01:00 | Nativa
02:30 | Talco
04:00 | Tandub
DOMINGO 3 DE XULLO
11:00 | Visita Guiada (Castelo)
12:30 + 17:00 | Visita Teatralizada: Quinquilláns (Castelo)
13:30 | Sesión Vermú: Medio Quinhón (Praza Castelao)