Hoxe toca falar de algo moi grande e fermoso. O principal conxunto escultórico do románico está conformado pola maxestuosa composición creada polo xenio do Mestre Mateo para o Pórtico da Gloria, na Catedral de Santiago de Compostela. É, sen dúbida, unha obra cume da arte universal. Entre os eruditos composteláns é ben sabido que o…
O gran número de mosteiros, espectaculares e singulares, que se poden atopar en terras galegas, ímolo reflectindo con sucesivas entradas neste Blog, facendo un percorrido por todos aqueles que imos visitando e sobre os que queremos compartir toda aquela información que vos puidese resultar de interese. Nesta ocasión imos dedicar este post ao precioso Mosteiro…
Entre o amplo e rico patrimonio que podemos atopar en terras galegas, un dos exemplos máis impresionantes está formado polas murallas romanas de Lugo. A cidade de Lugo é unha cidade, da provincia do mesmo nome, en terras de Galicia. Está moi próxima (apenas uns 100 quilómetros) ás cidades da Coruña e Santiago de Compostela.…
Hoxe dedicamos esta entrada a recompilar a suficiente información para ter unha visión global da grandeza e relevancia do Castro de Castromao. Como sinala o arqueólogo Luís Otero, que participou activamente na escavación deste castro, Castromao é un xacemento moi importante, porque chega desde o final da Idade de Bronce até a romanización. Outros castros…
Hoxe dedicamos esta entrada a unha igrexa singular, a máis antiga da cidade da Coruña, a igrexa de Santiago Apóstolo. Esta igrexa atópase na zona denominada “Cidade Vella” a escasos 150 metros ao sueste da praza de María Pita, famosa pola súa beleza, cos seus edificios porticados e por acoller tamén a sede do Concello…
Continuando coa serie dedicada aos Faros de Galicia, iniciada coa publicación da entrada dedicada ao Faro de Vilán, hoxe imos centrarnos noutro dos excelentes Faros que podemos atopar nesta terra, concretamente o Faro de Touriñán. Este Faro atópase no cabo do mesmo nome, un cabo cun gran protagonismo na historia das navegacións pola Costa da…
Usamos cookies para asegurar que te damos la mejor experiencia en nuestra web. Si continúas usando este sitio, asumiremos que estás de acuerdo con ello.