Ademais de Málaga, Barcelona e París, cidades coas que se asocia a vida e a obra de Pablo Picasso, existe outro lugar no que o artista viviu e cuxa influencia tamén marcou a súa traxectoria posterior. E é que sen dúbida, na súa formación, hai unha clara influencia da etapa de Picasso na Coruña. Pablo…
A catedral de Mondoñedo é, xunto coa concatedral de Ferrol, unha das sedes episcopais da diocese de Mondoñedo-Ferrol, en Galicia (España). O termo territorial de Mondoñedo localízase a uns 90 quilómetros ao norte da capital da provincia. Esta impoñente Catedral atópase na vila lucense de Mondoñedo, coroando a Praza da Catedral. Trátase dunha das construcións…
Continuando cunha das nosas liñas temáticas, a dedicada aos castros en Galicia, con esta publicación achegámonos ao Castro “A Cidá de Borneiro”, un magnífica exemplo deste tipo de asentamentos propios da cultura castrexa. Como xa comentamos en publicacións anteriores, hai numerosos castros en terras galegas, e que segundo a estimación de Barros Silvelo, habería que…
No noso percorrido para coñecer e logo divulgar parte do rico patrimonio histórico artístico que atopamos en terras galegas, hoxe ímonos a centraren a singular Igrexa de Santa María a Nova e o seu museo de laudas gremiais. Esta igrexa atópase na fermosa vila costeira de Noia, na desembocadura do río Tambre, na provincia da…
No monte de Santa Trega, na Garda, provincia de Pontevedra, isto é, no extremo máis sudoccidental de Galicia, a uns 344 metros de altitude, achamos un dos maiores poboados castrexos do noroeste peninsular. Referímonos ao Castro de Santa Trega. Outeiro sacro da civilización precristiana, coa súa privilexiada situación, o castro domina todo o contorno da…
Hoxe toca falar de algo moi grande e fermoso. O principal conxunto escultórico do románico está conformado pola maxestuosa composición creada polo xenio do Mestre Mateo para o Pórtico da Gloria, na Catedral de Santiago de Compostela. É, sen dúbida, unha obra cume da arte universal. Entre os eruditos composteláns é ben sabido que o…
Usamos cookies para asegurar que te damos la mejor experiencia en nuestra web. Si continúas usando este sitio, asumiremos que estás de acuerdo con ello.