Cos anos e tras asistir a numerosas feiras, festas,mercados e eventos, tanto de recreación histórica como de encontro de artesáns, atopámonos con varias sorpresas moi agradables, e unha delas, sen dúbida, é toparnos con Azor Piel.
Esta firma, formada por un matrimonio de Huelva, visita, entre outros lugares, as terras galegas durante o verán, e así pudimos coñecelos hai varios anos na Feira Medieval de Noia, onde son asiduos participantes, e na edición do ano pasado de Mostrat, na cidade da Coruña.
Sen dúbida, hai varios cualificativos que quedan como anel ao dedo, excelentes deseños, moi boa calidade da pel, prezos axustados, trato exquisito, simpatía persoal, exclusividade, cor, vida, talento,…
Tanto a miña esposa como eu utilizamos varios dos seus deseños de sandalias, cintos bolsos, mochilas etc. E estamos encantados coa calidade dos produtos, pois depués de varios anos de utilizar as súas creacións, estas siguien como novas. Polo que temos esta firma como un referente non só para os nosos gustos e “caprichos”, senón tamén como recurso para facer agasallos exclusivos, diferentes e, algo moi importante, con prezos moi axustados.
Sen máis ánimo que axudar a difundir o seu excelente traballo, convidámosvos a visitar a súa web: www.azorpiel.es