Festa da Istoria, Rivadavia
Xa coñecemos as datas para a edición 2019 da festa da Historia. Tomade boa nota porque merece a pena: 30 e 31 de agosto.
Como informan na súa propia web esta festa lévanos atrás no tempo ata a xudería medieval, recuperando as tradicións antigas e históricas que formaron parte da historia da rexión. A contorna é espectacular e está pensado para todas as idades, é sen dúbida una das mellores festas de Galicia.
Nesta Festa da Istoria participan todos os veciños de Rivadavia e conta cun amplo programa de actos que inclúen ceas medievais, bailes, voda xudía, desfiles, cetrería, teatro, tiro con arco, axedrez vivinte, o desfile polas principais rúas da cidade e o soado combate entre cabaleiros.
É unha forma de recuperar as tradicións ancestrais e históricas, que formaron parte da historia da comarca. O nivel de detalle desta festa é moi completo, chegando a acuñar a súa propia moeda, os maravedís, para a realización das distintas transaciós comerciais. Os actos centrais son o Torneo Medieval, a representación dunha Voda Xudía, terminando coa famosa Cea Medieval no castelo, onde é imprescindible acudir vestido de época.
Si queredes ampliar información, podedes consultar a nosa entrada do ano 2018.