Feira Modernista de Sada, 2023
Chega unha nova edición, a número XII da interesante Feira Modernista que nestes últimos anos se celebra na fermosa vila coruñesa de Sada.
Terá lugar entre o venres 28 e o domingo 30 de xullo de 2023, e como é habitual presenta un atractivo programa de actividades en torno ao paseo marítimo desta localidade.
Os residentes e visitantes disfrutarán coas representacións ambientadas na época, exhibicións de coches e bicicletas, representacións musicais, animacións na rua, o habitual mercado de venta ambulante, etc.
Ademais nesta edición se conmemora o cen aniversario da chegada do tranvía que conectaba a localidade de Sada coa cidade de A Coruña.