Mercado Celta de Porto do Son, 2023
Unha nova edición desta festa xa consolidada ambientada nun mercado celta. As datas desta edición serán entre o 28 e o 30 de xullo.
O programa de actividades contará, como é habitual, con animación teatral e musical, decoración e ambientación celta castreña, personaxes, campamento celta, obradoiros de manualidades, recuncho infantil, etc…
O marco incomparable dunha vila pequena pero moi acolledora, con gastronomía tradicional e produtos de extraordinaria calidade, así como a proximidade das praias, o Castro de Baroña, etc., ademais das múltiples posibilidades de ocio, deporte, natureza, etc. diversión que ofrece esta ría, conforman un gran conxunto de atractivos e argumentos, máis que suficientes, para achegarse ata alí.