Benvidos!

O Blog Recreación da Historia é unha fiestra mediante a cal poder asomarse ao mundo da Historia, ao mundo das pequenas historias da vida social, política, cultural, literaria, artística, musical, patrimonio natural, das crenzas, costumes, curiosidades, etc.

As persoas debemos actuar como albaceas da historia, a fin de que non se perdan as nosas raíces e coñecer, por exemplo, o porqué de moitas dos nosos costumes, a nosa organización social ou a nosa forma de vida. O ser humano o é en tanto sabe ou debese saber de onde vén e, por tanto, ten a posibilidade de aprender do pasado.

Vivir a historia é unha posible fonte de felicidade, por iso animamos a todos os nosos lectores a ter curiosidade, a ler sobre ela, xa sexan monografías, novelas histórica ou calquera outro formato,  asistir a conferencias, cursos, ver películas de temática histórica, asistir a exposicións, investigar, debater, participar en eventos de recreación histórica, …  Fiestras a través das cales ampliar o noso mundo máis próximo e atopar, sen dúbida, focos de atención que nos farán máis felices. A curiosidade é o motor da aprendizaxe, e coa aprendizaxe todos sentimos, sen dúbida, máis realizados.

Neste Blog atoparedes pequenas pílulas divulgativas e tamén información sobre os eventos de recreación histórica que, periodicamente, prográmanse no noroeste peninsular.

Todas as publicacións teñen un contido sinxelo, con pretensións didácticas e pretende achegar unha visión complementaria, máis próxima e máis atractiva do temática obxecto de cada unha delas.

Nós, os administradores deste Blog, somos unha familia coruñesa, ávidos estudiosos sobre a Historia, que procuramos complementar os nosos coñecementos máis aló dos estudos que realizamos en Historia e Arte. Ademais, somos habituais participantes, nun bo número de eventos de recreación histórica na nosa contorna máis ou menos próxima.

Animámosvos a seguirnos, subscribirvos gratuitamente (o que vos permitirá recibir información periodicamente), comentar as nosas publicacións e facernos chegar cantas informacións ou suxestións consideredes oportunas.

Grazas pola vosa atención.

Saúdos cordiais.

Últimas publicacións

Cleopatra, a raiña de Exipto

Cleopatra é unha figura histórica que transcende o mito e a realidade. A súa vida estivo marcada por decisións políticas astutas, alianzas estratéxicas e un final tráxico que cativou a imaxinación de xeracións. A través das súas relacións con Julio César e Marco Antonio, tivo un impacto profundo na política romana, e o seu legado cultural perdura ata hoxe.

Os sumerios. O berce da civilización

A influencia de Sumeria nas civilizacións posteriores é incalculable e pódese rastrexar en diversas áreas da vida humana. A súa pegada é indeleble na historia da humanidade.

O cabalo de Troya

O relato do cabalo de Troya é unha das narrativas máis fascinantes e perdurables da mitoloxía grega. Este relato encapsula a astucia e a estratexia no contexto dun conflito monumental que capturou a imaxinación de xeracións.

A lenda de don Pelayo

O certo é que a figura de Pelayo, como caudillo astur, foise construíndo ao longo dos tempos, dotándolle unha personalidade e un aura heroico, case sobrehumano.

Sobre Pelayo hai moitas incógnitas e poucas certezas.

Maruja Mallo, a pintora rebelde

Maruja Mallo dincalculable, exótica, fecunda de biografía e de misterio, colaborou na reivindicación dunha modernidade feminista que entón non se dicía feminista, pero tiña os ingredientes exactos. Fixo a súa arte tan libre como a súa vida, despregando unha creación entre a experimentación formal e o compromiso co seu tempo.

Curros Enríquez, un poeta comprometido coa súa terra

Curros é, sen dúbida, unha das figuras máis destacadas da emigración galega. É sen dúbida, unha das voces fundamentais da literatura galega, considerado, xunto con Rosalía de Castro e Eduardo Pondal, unha figura crave do Rexurdimento galego.