Coñécese co nome xenérico de celtas ao conxunto de pobos asentados en diferentes partes de Europa. Así, atopámolos nos actuais territorios de Irlanda, Gran Bretaña, Francia, Bélxica, Holanda, Suíza, parte de Alemaña, parte de España e norte de Italia. Non se trataba dun imperio nin unha comunidade política definida, senón dun conxunto de pobos autónomos…
A raíña Isabel I de Inglaterra, case un ano despois do errado intento da «Grande e Felicísima Armada» (a Gran Armada enviada por Felipe II para atacar territorio inglés), en resposta ao mesmo envía unha forte frota coa intención de atacar territorio español e desmantelar a Armada española. Hoxe, con esta publicación centrarémonos en lembrar…
A cidade e o porto da Coruña, foron protagonistas en numerosas ocasions ao longo da historia. Hoxe imos dedicar unhas liñas a comentar a denominada Expedición de García Jofre de Loaísa ás Illas Molucas, que partiu da Coruña o 24 de xullo do ano 1525, tras ser bendicido o estandarte real e realizada a cerimonia…
Hoxe dedicamos esta entrada a recompilar a suficiente información para ter unha visión global da grandeza e relevancia do Castro de Castromao. Como sinala o arqueólogo Luís Otero, que participou activamente na escavación deste castro, Castromao é un xacemento moi importante, porque chega desde o final da Idade de Bronce até a romanización. Outros castros…
Cando parece que comezamos a ver a luz para saír desta fatídica etapa de pandemia que nos tocou vivir, cando parece que o inicio da vacinación nos vai a axudar a recuperar as nosas vidas, creo que é chegado o momento de reflexionar e tentar aprender algo do desolador tempo vivido nestes últimos meses. Necesitaremos…
A cor negra no vestir pasou por asociarse á morte, despois á austeridade e ao poder e, finalmente, á elegancia. Na arte, a cor negra identifícase co tenebrismo de Caravaggio, Zurbarán, Ribeira… ou coas pinturas da última etapa de Goya coñecidas como as pinturas negras. O certo é que a connotación negativa da cor negra…
Usamos cookies para asegurar que te damos la mejor experiencia en nuestra web. Si continúas usando este sitio, asumiremos que estás de acuerdo con ello.