Hoxe dedicamos esta entrada a unha igrexa singular, a máis antiga da cidade da Coruña, a igrexa de Santiago Apóstolo. Esta igrexa atópase na zona denominada “Cidade Vella” a escasos 150 metros ao sueste da praza de María Pita, famosa pola súa beleza, cos seus edificios porticados e por acoller tamén a sede do Concello…
Todos ouvimos falar do triángulo das Bermudas e o misterio que o rodea. Debemos este nome ao xornalista Edward Van Winkle Jones, quen en 1950 denominou así á área xeográfica situada entre as illas Bermudas, Porto Rico e a cidade estadounidense de Miami, debido ás desaparicións de barcos e avións producidos nesa zona azoutada pola…
No noso afán por coñecer todos os aspectos que conformaban a forma en que se vivía durante as diferentes épocas históricas, condúcenos hoxe á análise do Calzado na Idade Media. En primeiro lugar imos tentar centrar a orixe e significado da palabra calzado. Trátase dunha voz que ten unha orixe algo incerto. Sigamos algunhas pistas: No…
Unha das miñas paixóns é a lectura de novela de intriga, policiaca ou histórica. Outra das miñas paixóns é visitar os mosteiros da miña amada terra galega. Eses mosteiros medievais de corte románico, rodeados de fermosos bosques escondidos pola néboa e impregnados de humidade, onde as pedras rumoréanche a súa historia. A última novela da…
Con esta publicación pretendemos facer unha aproximación ao estudo da utilización da escultura, por parte dos poderes civís e relixiosos, como un medio para ilustrar, formar e adoutrinar aos fieis, durante a Idade Media. En primeiro lugar, lembremos que tras a devastación provocada pola peste negra, coa perda dun terzo da súa poboación Europa entraba…
A cidade e o porto da Coruña, foron protagonistas en numerosas ocasions ao longo da historia. Hoxe imos dedicar unhas liñas a comentar a denominada Expedición de García Jofre de Loaísa ás Illas Molucas, que partiu da Coruña o 24 de xullo do ano 1525, tras ser bendicido o estandarte real e realizada a cerimonia…
Usamos cookies para asegurar que te damos la mejor experiencia en nuestra web. Si continúas usando este sitio, asumiremos que estás de acuerdo con ello.