Abordamos hoxe a historia (¿) e lendas do mago Merlín, un personaxe que deu moito xogo ao longo do tempo, para construír relatos literarios, obras cinematográficas, representacións artísticas e múltiples presenzas nos máis pintorescos contextos. Todo comeza cando os escritores dos séculos XII e XIII converteron a un bardo, que quizais viviría cincocentos anos atrás,…
A cor negra no vestir pasou por asociarse á morte, despois á austeridade e ao poder e, finalmente, á elegancia. Na arte, a cor negra identifícase co tenebrismo de Caravaggio, Zurbarán, Ribeira… ou coas pinturas da última etapa de Goya coñecidas como as pinturas negras. O certo é que a connotación negativa da cor negra…
Cando parece que comezamos a ver a luz para saír desta fatídica etapa de pandemia que nos tocou vivir, cando parece que o inicio da vacinación nos vai a axudar a recuperar as nosas vidas, creo que é chegado o momento de reflexionar e tentar aprender algo do desolador tempo vivido nestes últimos meses. Necesitaremos…
Hoxe dedicamos esta entrada a recompilar a suficiente información para ter unha visión global da grandeza e relevancia do Castro de Castromao. Como sinala o arqueólogo Luís Otero, que participou activamente na escavación deste castro, Castromao é un xacemento moi importante, porque chega desde o final da Idade de Bronce até a romanización. Outros castros…
Para falar das características, tipoloxías e demais elementos que conforman a vivenda durante a época da antiga Roma, temos que ter presente que, como sucede en todos os períodos da historia, a vivenda era un reflexo do status social e económico alcanzado pola sociedade. Para os romanos o fogar era algo moi importante. Así o…
Usamos cookies para asegurar que te damos la mejor experiencia en nuestra web. Si continúas usando este sitio, asumiremos que estás de acuerdo con ello.