Unha das miñas paixóns é a lectura de novela de intriga, policiaca ou histórica. Outra das miñas paixóns é visitar os mosteiros da miña amada terra galega. Eses mosteiros medievais de corte románico, rodeados de fermosos bosques escondidos pola néboa e impregnados de humidade, onde as pedras rumoréanche a súa historia. A última novela da…
No marco da actuación da Inquisición, que de maneira xenérica, xa abordamos neste Blog na nosa entrada “A negra historia da Santa Inquisición”, publicada o 10 de xuño de 2020, queremos profundar na figura da muller, protagonista, en moitas ocasions, da persecución do Santo Oficio. Hai que ter presente que no seu afán por garantir…
Como a maioría saberedes, o chamado Roscón de Reis é un doce moi popular que se come en España a noite e o día de Reis Meigos. Con esta entrada ímosvos a contar algo sobre a orixe desta tradición, que se materializa no consumo, durante esta festividadE, de máis de 30 millóns de unidades só…
O filósofo Christian DelaCampagne coa súa obra “Historia da filosofía no século XX” asume como obxectivo facer un repaso pormenorizado da chegada da modernidade nunha época chea de horror, marcada polas guerras e algunhas das súas máis crueis manifestacións como Auschwitz. O horror que se vincula ao recordo da IGM é debido sobre todo á…
Ao falar do Exipto dos Faraóns deseguido quedamos fascinados coas historias dos seus reinados, os seus templos, os sarcófagos de ouro e, sobre todo as enigmáticas pirámides. No entanto, hai un aspecto pouco coñecido e é o papel da muller no Exipto dos Faraóns. Lembremos que ao falar do Antigo Exipto estamos a referirnos a…
Unha das obras pictóricas máis coñecidas do mundo é a da Gioconda ou Mona Lisa. A súa imaxe foi e é copiada, manipulada, usada e repetida até a saciedade. Esta obra xerou unha industria de copias en si mesma. Carteis, broches, cuncas, camisetas, chisqueiros, panos de seda e todo tipo de obxectos, así como unha…
Usamos cookies para asegurar que te damos la mejor experiencia en nuestra web. Si continúas usando este sitio, asumiremos que estás de acuerdo con ello.