No momento de pandemia que nos tocou vivir, sorpréndenos a resposta dalgunhas persoas que se manifestan en contra do uso de máscaras e doutras que se aferran á inexistencia dunha pandemia como tal, que se agarran á especulación “Xudeo-masónica” para xustificar a inexistencia deste mal que nos axexa. Pero non esquezamos que estas manifestacións se…
Este ano no que unha pandemia privounos de gozar das festas de recreación medieval, merece a pena pararnos a valorar eses lugares onde habitualmente viñanse celebrando as mesmas, e onde o fragor da festa fai que os monumentos e beleza dos lugares onde estas festas teñen lugar queden relegados a un segundo plano. Hoxe imos…
Con esta entrada facemos unha nova inmersión no mundo cultural galego. Centrámonos hoxe na famosa obra, de título “O Bosque animado”, do escritor español Wenceslao Fernández Flórez. Esta obra foi publicada no ano 1943, cando xa era un autor moi recoñecido e lido. O seu contido versa nunha serie de historias que acontecen nun bosque…
Para abordar o contido desta nova entrada no Blog, en primeiro lugar debemos situar a época coñecida como Neolítico. O Neolítico é un dos períodos en que a historiografía tradicional divide a historia da humanidade e que se caracteriza pola adopción dun sistema económico baseado na agricultura e a gandaría e a vida sedentaria en…
A denominada civilización minoica, considerada como a primeira gran civilización urbana de Europa, anterior por tanto á civilización grega. Trátase dunha cultura da Idade do Bronce, que se desenvolveu na illa mediterránea de Creta, chegando a ser un importante centro cultural, comercial e político. Aínda que se dubidou, durante séculos, da súa existencia, a acción…
Empezamos unha serie de entradas coas que pretendemos facer un repaso e divulgación doutra das riquezas patrimoniais e culturais que, no ámbito marítimo, ten Galicia. Nesta serie, que iremos alimentando no tempo, con entradas que versen sobre os numerosos faros que dan maior espectacularidade, se cabe, á costa galega. E como inicio desta serie eliximos…
Usamos cookies para asegurar que te damos la mejor experiencia en nuestra web. Si continúas usando este sitio, asumiremos que estás de acuerdo con ello.