Os olmecas
O termo olmeca foi acuñado polos arqueólogos no século XX para referirse aos característicos vestixios desta cultura. A palabra olmeca significa en lingua náhuatl “xente do país do hule (goma)”. Este nome relaciónase coa existencia na zona de árbores dos que extraían o látex. Non se sabe como se chamaban a si mesmos, só chegounos o nome co que os aztecas se referían aos olmecas.