A idea, e en consecuencia, a representación do mal forma parte da historia da humanidade, e por ende na arte creada polos homes. Pezas como O Berro de Munch, Saturno devorando ao seu fillo de Goya ou o Xardín das delicias do Bosco, pasaron á historia por representar unha beleza non precisamente estética. Nelas, os…
A maioría das relixións ofrece aos seus fieis a terra prometida. No antigo Exipto non era diferente e o paraíso era algo que esperaban todos os que morrían. A morte no Exipto antigo era considerada como unha pasaxe cara a unha segunda vida e isto dáballe un sentido positivo. Tras ela, o espírito entraba no…
Continuando coa serie dedicada aos Faros de Galicia, iniciada coa publicación da entrada dedicada ao Faro de Vilán, hoxe imos centrarnos noutro dos excelentes Faros que podemos atopar nesta terra, concretamente o Faro de Touriñán. Este Faro atópase no cabo do mesmo nome, un cabo cun gran protagonismo na historia das navegacións pola Costa da…
Na fermosa vila de Muros o visitante sorprenderase gratamente cunha excelente xoia que se erixe no alta da mesma. A igrexa Parroquial de Muros, antigamente coñecida por Colexiata de Santa María del Campo está construída sobre unha igrexa románica datada no século XII. Hoxe forma parte da igrexa parroquial de San Pedro de Muros. A…
Unha nova entrada para seguir axudando, con humildade, á difusión do patrimonio castrexo que atesoura Galicia. Nesta ocasión imos centrarnos no ourensán Castro de San Cibrán de Las. Trátase dun castro que se localiza entre os municipios de Punxín e San Amaro, xusto nunha elevación que separa ambos os municipios, a unha altura aproximada duns…
Con este post pretendemos mostrar e analizar algúns dos elementos propios do románico que recollen na súa conformación a representación dos Reis Magos, tentando facer unha interpretación, tanto iconográfica como ideolóxica. Eliximos algunhas pezas que permitan ilustrar o que se expón. Para unha máis fácil e ampla comprensión do contido desta entrada, recomendámosvos a lectura…
Usamos cookies para asegurar que te damos la mejor experiencia en nuestra web. Si continúas usando este sitio, asumiremos que estás de acuerdo con ello.