Recreación Batalla Casal do Eirigo, Valga 2022
A localidade pontevedresa de Valga recuperará neste 2022 as súas principais citas festivas despois de dous anos nos que a pandemia da Covid-19 impediu que apenas houbera celebracións. A primeira gran cita festiva post-pandemia será a Recreación da Batalla de Casal de Eirigo, que terá lugar o 28 de maio.
A Batalla de Casal de Eirigo tivo lugar no ano 1809 nesta aldea da parroquia de Setecoros, no entorno no que actualmente se erixe a Capela da Saúde, como parte da Guerra da Independencia e enfrontou aos veciños da zona co exército de Napoleón.