Invasión vikingano río Sandeo, Fene
A “Invasión Viquinga a Redes” terá lugar o día 27 de xullo.
Este evento comezou como unha broma no verán de 2006, cando un grupo de amigos de Limodre para pór fin ás disputas que desde facía anos tiñan cos veciños de Redes, invaden esta localidade. Como os veciños de Redes non contaban coa ameaza, a toma do pobo foi tan sinxela que a vitoria soubo a pouco e por iso levaron como refén a un coñecido veciño de Redes que moitos botarían en falta. A vinganza non se fixo esperar e uns días máis tarde os veciños de Redes invadiron, secuestraron e celebraron a súa festa “Piratas de Redes”.
Desde entón anualmente sucedéronse máis invasións. O evento comeza na praia de Río Castro, en Limodre, pondo rumbo a Redes en barcos, a pé e no que poden (barreños, plataformas flotantes, etc.). Unha vez en Redes, viquingos e piratas asinan unha tregua para tomar un aperitivo. A paz dura pouco e antes de marcharse e regresar a Limodre secuestran a un aresano. Xa en Limodre celebran a vitoria cun gran festín (churrascada). Unhas semanas máis tarde os aresanos toman o desquite cunha invasión similar.