Mercado templario O Burgo de Faro, Culleredo 2022
Unha nova edición do Mercado Templario que ten lugar todos os anos sno concello coruñés de Culleredo. Nesta edición, a do 2022, será os días 1 a 3 de xullo.
Durante este fin de semana no paseo marítimo do Burgo revívese o medievo, a poboación do Burgo de Faro toma vida de novo. Un gran número de postos, personaxes medievais, pasacalles e demais espectáculos agardan por todo aquel que se atreva a viaxar no tempo e converterse, por un fin de semana, en habitante do medievo.
A orixe desta festa trasládase ao século XII. Segundo diversos documentos, o chamado Burgo de Faro estivo presente na Idade Media no que hoxe coñecemos como O Burgo e Ou Amorne. Lugar medieval no que os Templarios se asentaron e contribuíron na súa prosperidade, así como o mosteiro de Sobrado, ou a nobreza entre outros, ata que comezou ou o seu declive.