A cor negra no vestir pasou por asociarse á morte, despois á austeridade e ao poder e, finalmente, á elegancia. Na arte, a cor negra identifícase co tenebrismo de Caravaggio, Zurbarán, Ribeira… ou coas pinturas da última etapa de Goya coñecidas como as pinturas negras. O certo é que a connotación negativa da cor negra…
Cando parece que comezamos a ver a luz para saír desta fatídica etapa de pandemia que nos tocou vivir, cando parece que o inicio da vacinación nos vai a axudar a recuperar as nosas vidas, creo que é chegado o momento de reflexionar e tentar aprender algo do desolador tempo vivido nestes últimos meses. Necesitaremos…
Hoxe dedicamos esta entrada a unha igrexa singular, a máis antiga da cidade da Coruña, a igrexa de Santiago Apóstolo. Esta igrexa atópase na zona denominada “Cidade Vella” a escasos 150 metros ao sueste da praza de María Pita, famosa pola súa beleza, cos seus edificios porticados e por acoller tamén a sede do Concello…
Con esta publicación pretendemos facer unha aproximación ao estudo da utilización da escultura, por parte dos poderes civís e relixiosos, como un medio para ilustrar, formar e adoutrinar aos fieis, durante a Idade Media. En primeiro lugar, lembremos que tras a devastación provocada pola peste negra, coa perda dun terzo da súa poboación Europa entraba…
Para falar das características, tipoloxías e demais elementos que conforman a vivenda durante a época da antiga Roma, temos que ter presente que, como sucede en todos os períodos da historia, a vivenda era un reflexo do status social e económico alcanzado pola sociedade. Para os romanos o fogar era algo moi importante. Así o…
A idea, e en consecuencia, a representación do mal forma parte da historia da humanidade, e por ende na arte creada polos homes. Pezas como O Berro de Munch, Saturno devorando ao seu fillo de Goya ou o Xardín das delicias do Bosco, pasaron á historia por representar unha beleza non precisamente estética. Nelas, os…
Usamos cookies para asegurar que te damos la mejor experiencia en nuestra web. Si continúas usando este sitio, asumiremos que estás de acuerdo con ello.