{"id":8235,"date":"2026-04-08T21:48:27","date_gmt":"2026-04-08T20:48:27","guid":{"rendered":"https:\/\/recreacionhistoria.com\/?p=8235"},"modified":"2026-04-08T21:48:27","modified_gmt":"2026-04-08T20:48:27","slug":"o-singular-e-espectacular-mosteiro-de-san-pedro-das-rocas","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/recreacionhistoria.com\/gl\/o-singular-e-espectacular-mosteiro-de-san-pedro-das-rocas\/","title":{"rendered":"O singular e espectacular Mosterio de San Pedro das Rocas"},"content":{"rendered":"<p>Froito dun dos nosos \u00faltimos desprazamentos (cumprindo con todas as medidas restritivas vixentes) habemos redescuberto a grandeza do <strong><em>mosteiro de San Pedro de Rocas<\/em><\/strong>. Un singular e espectacular recinto, escavado na roca natural, polo que nel non poderemos atopar lixeiras estruturas g\u00f3ticas nin armoniosas proporci\u00f3ns renacentistas.<\/p>\n<p>Este antiqu\u00edsimo mosteiro \u00e9 un sobrevivente dos recintos que acolleron os asentamentos dos primeiros eremitas en terras galegas.\u00a0 Tr\u00e1tase pois do conxunto monacal m\u00e1is antigo de Galicia e o \u00fanico onde se conserva parte da s\u00faa estrutura orixinal, unhas covas artificiais escavadas na roca, que serviron de capela e cabeceira a unha igrexa medieval. Tr\u00e1tase en definitiva do \u00fanico eremitorio altomedieval de Galicia, e que tivo continuidade como cenobio e despois como mosteiro.<\/p>\n<p>At\u00f3pase en plena Ribeira Sacra, no municipio de Esgos, na provincia de Ourense, a uns 21 kms da capital da provincia, e constit\u00fae, sen d\u00fabida, unha visita altamente recomendable para todos os amantes e interesados por este tipo de construci\u00f3ns. At\u00f3pase no monte Barbeir\u00f3n, rodeado de formaci\u00f3ns rochosas que puideron darlle nome a este lugar. Lugar situado a 650 metros de altitude.<\/p>\n<div id=\"attachment_8231\" style=\"width: 310px\" class=\"wp-caption aligncenter\"><img fetchpriority=\"high\" decoding=\"async\" aria-describedby=\"caption-attachment-8231\" class=\"size-medium wp-image-8231\" src=\"https:\/\/recreacionhistoria.com\/wp-content\/uploads\/2021\/06\/Ribeira-Sacra-Ourense-300x225.jpg\" alt=\"Ribeira Sacra\" width=\"300\" height=\"225\" title=\"\" srcset=\"https:\/\/recreacionhistoria.com\/wp-content\/uploads\/2021\/06\/Ribeira-Sacra-Ourense-300x225.jpg 300w, https:\/\/recreacionhistoria.com\/wp-content\/uploads\/2021\/06\/Ribeira-Sacra-Ourense.jpg 474w\" sizes=\"(max-width: 300px) 100vw, 300px\" \/><p id=\"caption-attachment-8231\" class=\"wp-caption-text\"><em>Ribeira Sacra<\/em><\/p><\/div>\n<p>A Ribeira Sacra de estende por terras das provincias de Lugo e Ourense. O rio Sil, afluente do principal r\u00edo galego, o Mi\u00f1o, no seu discurso encaixado e serpenteante vai trazando a fronteira entre as d\u00faas provincias antes citadas.<\/p>\n<p>A historia deste mosteiro in\u00edciase en \u00e9pocas anteriores ao <strong><em>s\u00e9culo VI<\/em><\/strong>, sendo primeiro un eremitorio e m\u00e1is tarde un mosteiro. Segundo as inscrici\u00f3ns da l\u00e1pida fundacional, conservada actualmente no Museo Arqueol\u00f3xico provincial de Ourense, o mosteiro foi fundado no ano 573 por sete homes (na placa c\u00edtanse cinco dos nomes: Ufrasio, Eusanio, Quinedio, Eatio e Flavio; hai un terceiro nome <em>\u201cRuve\u201d <\/em>que non se sabe se \u00e9 un apelido ou un sexto\u00a0 nome) que herdaran este lugar, escoll\u00e9rono este belo enclave para retirarse a unha vida en oraci\u00f3n.<\/p>\n<p>O primeiro paso foi cando paso de ser un eremitorio para ser un cenobio, cuxa principal diferenza \u00e9 que nun eremitorio viv\u00eda un s\u00f3 eremitas mentres no cenobio eran varios, a\u00ednda que a oraci\u00f3n seguir\u00eda sendo a principal actividade.<\/p>\n<p><strong><em>No s\u00e9culo VII <\/em><\/strong>produciuse a invasi\u00f3n musulm\u00e1 e como consecuencia das persistentes rafias que os conquistadores \u00e1rabes fac\u00edan sobre os lugares de culto, os monxes abandonaron San Pedro de Rocas por medo ao que lles puidese pasar.<\/p>\n<p>Durante <strong><em>os s\u00e9culos VIII e IX <\/em><\/strong>p\u00f3dese considerar que o mosteiro viviu un per\u00edodo escuro, sendo practicamente recuberto pola maleza e ocupado exclusivamente pola Naturaleza.<\/p>\n<p>O mosteiro rexurdir\u00eda <strong><em>no s\u00e9culo IX<\/em><\/strong>\u00a0 coa aparici\u00f3n da figura dun nobre, cazador, Gemodus. Segundo a lenda (ou realidade?) foi Gemodus quen, perseguindo un xabaril, accidentalmente descubriu unhas capelas escavadas na roca, e decidiu quedar como eremita, ata que outros cazadores im\u00edtano, compartindo a mesma experiencia, nomeando a Gemodus como abade e fundando unha comunidade mon\u00e1stica. Decatado da existencia deste lugar, Alfonso III o Magno procedeu \u00e1 concesi\u00f3n de doaz\u00f3ns das terras e os bens materiais para o mantemento do mosteiro. Esta actuaci\u00f3n aparece recollida nun documento asinado, no ano 1007, por un dos seus sucesores, o rei Alfonso V e no que se referenda a existencia do cabaleiro Gemodus.<\/p>\n<p><strong><em>No s\u00e9culo X<\/em><\/strong>, o mosteiro pasa a depender primeiro do mosteiro de Santo Estevo de Ribas do Sil, e m\u00e1is tarde do de San Salvador de Celanova, a\u00ednda que os monxes, dalgunha maneira, seguiron mantendo a s\u00faa independencia. Mesmo chegaron a p\u00f3r en marcha nas s\u00faas dependencias unha escola. Neste s\u00e9culo, Alfonso III de Asturias, o Magno, implanta a regra benedictina, o que supuso a agrupaci\u00f3n de mosteiro, e dota, ao ent\u00f3n cenobio, de grandes doaz\u00f3ns.<\/p>\n<p><strong>No s\u00e9culo <em>XI<\/em><\/strong><em> un incendio destr\u00fae unha gran parte do mosteiro.<\/em><\/p>\n<p><em>No<\/em> s\u00e9culo XII prod\u00facense obras de restauraci\u00f3n promovidas polo prior Aloito.<\/p>\n<p>No ano 1159 o rei Alfonso II concedeulles dous privilexios reais que supuxeron un cambio enorme: a cesi\u00f3n de varias casas e un coto.<\/p>\n<p>Foi <strong><em>no s\u00e9culo XIII<\/em><\/strong> cando o mosteiro tivo a comunidade m\u00e1is numerosa, composta por trece monxes.<\/p>\n<p><strong><em>A partir do s\u00e9culo XIV<\/em><\/strong> empeza un per\u00edodo de decadencia. Don Munio, abade de Celanova, renuncia a esta abad\u00eda e ret\u00edrase en San Pedro de Rocas como eremita.<\/p>\n<p><strong><em>No s\u00e9culo XV<\/em><\/strong> prod\u00facese a reforma benedictina, apoiada polos Reis Cat\u00f3licos. Pasa a depender de novo de Celanova.<\/p>\n<p><strong><em>No s\u00e9culo XVII<\/em><\/strong>, concretamente no ano 1640 un novo incendio volve consumir o conxunto monacal e constr\u00faese o que vemos hoxe en d\u00eda, o cal pasou a ser casa reitoral unha vez abandonado polos monxes.<\/p>\n<p><strong><em>No s\u00e9culo XIX<\/em><\/strong> prod\u00facese a desamortizaci\u00f3n de *Mendiz\u00e1bal (ano 1836) polo que pasa a ser parroquia.<\/p>\n<p>Unha nova igrexa e varios derrubes provocan que a parroquia peche a principios do <strong><em>s\u00e9culo XX.<\/em><\/strong>\u00a0 \u00c9 cedido ademais \u00e1 <em>\u201cCidade dos raparigos de Bemposta\u201d<\/em> que lle devolven algo de vida.<\/p>\n<p>En 1923 \u00e9 declarado Monumento Hist\u00f3rico-Art\u00edstico, polo que se empeza, a\u00ednda que timidamente a p\u00f3r medios para a s\u00faa conservaci\u00f3n.<\/p>\n<p>A partir 1928 todos os mosteiros da Ribeira Sacra quedan no esquecemento.<\/p>\n<p>1950 esperta un interese polo mosteiro o que leva a realizar obras de restauraci\u00f3n nalg\u00fans deles.<\/p>\n<p>No ano 1988 aparecen as tumbas ao levantar o empedrado do chan.<\/p>\n<p>En 1999 foi declarado Ben de Interese Cultura, dentro do cat\u00e1logo de monumentos do Patrimonio hist\u00f3rico de Espa\u00f1a.<\/p>\n<p>No ano 2018 o recinto foi declarado, xunto con 100 hect\u00e1reas que o rodean, Ben de Interese Cultura Paisaxe Cultural.<\/p>\n<p>Na actualidade est\u00e1 pechado ao culto, e en parte das s\u00faas dependencias acolle un museo e un centro de interpretaci\u00f3n da vida mon\u00e1stica na Ribeira Sacra.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p><strong><em>En canto \u00e1 l\u00e1pida<\/em><\/strong>, considerada en ocasi\u00f3ns como <em>\u201cfundacional\u201d,<\/em> hai que dicir que se trata dunha inscrici\u00f3n feita nunha laxa de granito na que figura un texto repartido en catro li\u00f1as, rodeado por unha soga que, partindo ao lado dereito, divide o espazo central en dous partes, con d\u00faas li\u00f1as de texto sobre e baixo ela. A soga remata no espazo esquerdo nunha cruz.<\/p>\n<div id=\"attachment_8219\" style=\"width: 310px\" class=\"wp-caption aligncenter\"><img decoding=\"async\" aria-describedby=\"caption-attachment-8219\" class=\"wp-image-8219 size-medium\" src=\"https:\/\/recreacionhistoria.com\/wp-content\/uploads\/2021\/06\/Replica-lapida-San-Pedro-Rocas-300x180.jpg\" alt=\"R\u00e9plica l\u00e1pida, San Pedro de las Rocas\" width=\"300\" height=\"180\" title=\"\" srcset=\"https:\/\/recreacionhistoria.com\/wp-content\/uploads\/2021\/06\/Replica-lapida-San-Pedro-Rocas-300x180.jpg 300w, https:\/\/recreacionhistoria.com\/wp-content\/uploads\/2021\/06\/Replica-lapida-San-Pedro-Rocas-768x461.jpg 768w, https:\/\/recreacionhistoria.com\/wp-content\/uploads\/2021\/06\/Replica-lapida-San-Pedro-Rocas.jpg 980w\" sizes=\"(max-width: 300px) 100vw, 300px\" \/><p id=\"caption-attachment-8219\" class=\"wp-caption-text\"><em>R\u00e9plica l\u00e1pida, San Pedro de Rocas<\/em><\/p><\/div>\n<p style=\"text-align: left;\">O texto \u00e9 o seguinte:<\/p>\n<p style=\"text-align: center;\">\u2020 [H]EREDITAS : N<\/p>\n<p style=\"text-align: center;\">EVFRAXI : EVSANI<\/p>\n<p style=\"text-align: center;\">QUINEDI : EATI : FLAVI<\/p>\n<p style=\"text-align: center;\">RVVE : ERA DA C XA I<\/p>\n<p>Dela destaca en primeiro lugar a data: ano 611 da era hispana, que ser\u00eda o noso ano 573. A palabra de apertura, Hereditas, fai pensar que se trata dunha doaz\u00f3n ao suposto cenobio ent\u00f3n existente, feita polos nomes que figuran tras a N -N\u00f3s?-, como m\u00ednimo cinco: EUFRAXI, EUSANI, QUINEDI, EATI e FLAVI, pois queda pouco claro que \u00e9 exactamente RUVE, se un sexto home, ou o apelido de FLAVI\u00a0 -ou de todos eles?-, ou algo que non se sabe exactamente de que se trata. Ao interpretarse o texto como doaz\u00f3n e, en funci\u00f3n da s\u00faa evidente antig\u00fcidade, non cabe d\u00fabida de que pode tomarse como a dotaci\u00f3n inicial do primeiro mosteiro de Rocas. Que se plasmou nunha inscrici\u00f3n apuntar\u00eda \u00e1 s\u00faa importancia, contribu\u00edndo as\u00ed a esta posibilidade.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>Vexamos con m\u00e1is detalle o que podemos atopar.<\/p>\n<p><strong><em>O conxunto monacal<\/em><\/strong> est\u00e1 formado polo edificio da casa reitoral do s\u00e9culo XVII, as dependencias monacais orixinais escavadas na roca no s\u00e9culo VIN, as capelas laterais do s\u00e9culo XII, d\u00faas naves transversais, un campanario do s\u00e9culo XV e un cemiterio o s\u00e9culo XIX. Xunto ao edificio de dependencias at\u00f3pase a igrexa, verdadeira xoia deste conxunto.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p><strong><em>A casa reitoral ou Casa prioral<\/em><\/strong><\/p>\n<p>Posiblemente at\u00f3pase no solar onde estaba situado o primitivo mosteiro que desaparici\u00f3n ao ser destru\u00eddo nun dos m\u00faltiples incendios que arrasaron este lugar. Data do s\u00e9culo XVII, tr\u00e1tase dun sobrio edificio que foi rehabilitado no ano 2006 para convertelo en Centro de interpretaci\u00f3n da Ribeira Sacra. \u00c9 unha edificaci\u00f3n de planta case cuadrangular, de pedra gran\u00edtica con cantar\u00eda lisa (pedras do antigo mosteiro) e balc\u00f3ns con reixas de ferro que se apoian en m\u00e9nsulas t\u00edpicas do barroco galego, nas s\u00faas d\u00faas esquinas dianteiras. \u00c9 unha arquitectura pr\u00e1ctica.<\/p>\n<div id=\"attachment_8221\" style=\"width: 310px\" class=\"wp-caption alignleft\"><img decoding=\"async\" aria-describedby=\"caption-attachment-8221\" class=\"size-medium wp-image-8221\" src=\"https:\/\/recreacionhistoria.com\/wp-content\/uploads\/2021\/06\/Casa-prioral-San-Pedro-Rocas-300x161.jpg\" alt=\"Casa prioral, San Pedro de las Rocas\" width=\"300\" height=\"161\" title=\"\" srcset=\"https:\/\/recreacionhistoria.com\/wp-content\/uploads\/2021\/06\/Casa-prioral-San-Pedro-Rocas-300x161.jpg 300w, https:\/\/recreacionhistoria.com\/wp-content\/uploads\/2021\/06\/Casa-prioral-San-Pedro-Rocas-768x413.jpg 768w, https:\/\/recreacionhistoria.com\/wp-content\/uploads\/2021\/06\/Casa-prioral-San-Pedro-Rocas.jpg 790w\" sizes=\"(max-width: 300px) 100vw, 300px\" \/><p id=\"caption-attachment-8221\" class=\"wp-caption-text\"><em>Casa prioral, San Pedro de Rocas<\/em><\/p><\/div>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>Algunhas das xanelas abucinadas, as\u00ed como o tellado e a porta de acceso son do s\u00e9culo XX.<\/p>\n<p>Na casa reitoral e a igrexa \u00e1chanse oito sepulturas antropom\u00f3rficas escavadas na roca. A orientaci\u00f3n das tumbas \u00e9 suroeste oeste, f\u00f3ra dunha delas que est\u00e1 orientada sur norte. Unha das tumbas ten gravada unha cruz e todas elas te\u00f1en un rebaixe para que encaixase a l\u00e1pida sepulcral. Crese que neste lugar estivo situado o claustro do antigo mosteiro onde os monxes realizaban os seus enterramentos.<\/p>\n<p>Como diciamos anteriormente, esta estrutura \u00e9 actualmente a sede dun magn\u00edfico museo etnogr\u00e1fico e de interpretaci\u00f3n, de entrada gratu\u00edta. Nel exponse diversas tem\u00e1ticas da historia e vida monacal e algunhas mostras da cultura etnogr\u00e1fica da zona da Ribeira Sacra e o municipio de Esgos, ao que pertence.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p><strong><em>A igrexa<\/em><\/strong><\/p>\n<p>A igrexa, como todo o recinto, \u00e9 o resultado de sucesivas superposicions e engadidos que se foron incorporando ao longo dos s\u00e9culos.<\/p>\n<p>Tr\u00e1tase dun dos templos cristi\u00e1ns m\u00e1is antigos (s\u00e9culo VI) que se co\u00f1ecen. Tr\u00e1tase dunha igrexa de tres naves e coa cabeceira escavada na roca. \u00c9 o lugar m\u00e1is importante do conxunto arquitect\u00f3nico.<\/p>\n<p>A igrexa primitiva nace a partir das covas que os eremitas, retirados neste lugar buscando unha ida de soidade e oraci\u00f3n, foron escavando na propia roca. Ditas covas trazaron o tres eixos do tres naves que forman a igrexa e, como \u00e9 frecuente, de maiores dimensi\u00f3ns (m\u00e1is ancha e m\u00e1is longa) a central que as laterais. A cuberta \u00e9 de b\u00f3veda de medio can\u00f3n, cunha abertura no teito da nave central, para que entre a luz desde o exterior.<\/p>\n<p>Tam\u00e9n podemos ver uns sepulcros esculpidos nos que se representan figuras xacentes. No chan da igrexa e o atrio est\u00e1n escavados na roca numerosos sepulcros. No chan hai cinco tombas, unha delas con forma antropomorfa.<\/p>\n<div id=\"attachment_8223\" style=\"width: 310px\" class=\"wp-caption alignright\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" aria-describedby=\"caption-attachment-8223\" class=\"size-medium wp-image-8223\" src=\"https:\/\/recreacionhistoria.com\/wp-content\/uploads\/2021\/06\/San-Pedro-de-las-Rocas-300x199.jpg\" alt=\"Vista interior, San Pedro de las Rocas\" width=\"300\" height=\"199\" title=\"\" srcset=\"https:\/\/recreacionhistoria.com\/wp-content\/uploads\/2021\/06\/San-Pedro-de-las-Rocas-300x199.jpg 300w, https:\/\/recreacionhistoria.com\/wp-content\/uploads\/2021\/06\/San-Pedro-de-las-Rocas-768x509.jpg 768w, https:\/\/recreacionhistoria.com\/wp-content\/uploads\/2021\/06\/San-Pedro-de-las-Rocas.jpg 1024w\" sizes=\"(max-width: 300px) 100vw, 300px\" \/><p id=\"caption-attachment-8223\" class=\"wp-caption-text\"><em>Vista interior, San Pedro de Rocas<\/em><\/p><\/div>\n<p>A cabeceira das naves est\u00e1 formada por \u00e1bsidas en semicircunferencia. No central cons\u00e9rvase o altar (unha pilastra fai as veces de altar). Na parede da capela da esquerda, un reducido espazo de 5&#215;3,4 metros, \u00e1brese un oco no que se sup\u00f3n que estaba o sepulcro do cabaleiro Gemodus, do que antes falamos. Nel descubriuse unha pintura mural ao fresco, datada entre 1175 e 1200, que mostra imaxes dos ap\u00f3stolos sobre un mapamundi. O mapa describ\u00eda a di\u00e1spora apost\u00f3lica, a\u00ednda que os problemas de humidade deterior\u00e1rono. Esta \u00e9 a \u00fanica representaci\u00f3n rom\u00e1nica que se co\u00f1ece dun mapa do mundo mural.<\/p>\n<p>Unhas hornacinas en arco de medio punto adornan varios puntos das capelas. S\u00e1bese que a capela da dereita estaba dedicada a san Antonio Abad.<\/p>\n<p>Co crecemento da comunidade e a poboaci\u00f3n o mosteiro tivo que ampliar o seu reciento, engadindo unha nave transversal na entrada da igrexa. Nun lateral lese unha inscrici\u00f3n en que se relata que a obra se fixo baixo o mandato do prior Gonzalo de Penalva no s\u00e9culo XV. Nesta \u00e9poca, a igrexa ter\u00eda catro altares e un coro superior de madeira (destru\u00eddo no ano 1936)<\/p>\n<p>No s\u00e9culo XVI eng\u00e1dese unha espadana de dous ocos, erixida sobro un mon\u00f3lito de roca natural de 20 metros de altura, \u00e1 que se accede por unha escalinata tallada na pedra.Dita roca foi perforada en forma de arco para abrir paso a un cami\u00f1o. Esta estrutura d\u00e1 nome a este lugar.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<div id=\"attachment_8227\" style=\"width: 310px\" class=\"wp-caption aligncenter\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" aria-describedby=\"caption-attachment-8227\" class=\"wp-image-8227 size-medium\" src=\"https:\/\/recreacionhistoria.com\/wp-content\/uploads\/2021\/06\/Tumbas-antropomorfas-Monasterio-San-Pedro-Rocas-300x213.jpg\" alt=\"Sepulcros antropomorfos, San Pedro de las Rocas\" width=\"300\" height=\"213\" title=\"\" srcset=\"https:\/\/recreacionhistoria.com\/wp-content\/uploads\/2021\/06\/Tumbas-antropomorfas-Monasterio-San-Pedro-Rocas-300x213.jpg 300w, https:\/\/recreacionhistoria.com\/wp-content\/uploads\/2021\/06\/Tumbas-antropomorfas-Monasterio-San-Pedro-Rocas.jpg 750w\" sizes=\"(max-width: 300px) 100vw, 300px\" \/><p id=\"caption-attachment-8227\" class=\"wp-caption-text\"><em>Sepulcros antropomorfos, San Pedro de Rocas<\/em><\/p><\/div>\n<p>Detr\u00e1s da espadana constru\u00eduse, xa no s\u00e9culo XIX, un cemiterio que ser\u00eda utilizado polos habitantes da contorna.<\/p>\n<p>A fachada actual est\u00e1 datada no s\u00e9culo XIX. F\u00edxose imitando o estilo da casa prioral xa existente nesa \u00e9poca.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>\u00c1 descrici\u00f3n arquitect\u00f3nica e hist\u00f3rica, cabe como \u00e9 habitual, e m\u00e1is en terras galegas, mencionar algunhas das <strong><em>lendas asociadas a este recinto.<\/em><\/strong><\/p>\n<p>En primeiro lugar, c\u00f3ntase que cada monxe deb\u00eda labrar a s\u00faa propia tumba como\u00a0 acto de reflexi\u00f3n.<\/p>\n<p>Pero o m\u00e1is singular atop\u00e1molo en todo o referente \u00e1 fonte de San Bieito, unha fonte que non xorde dun manancial, sen\u00f3n que \u00e9 un chafariz natural, onde v\u00e9n a auga, por entre pe\u00f1ascos, da recollida de augas sobre a ladeira por unha formaci\u00f3n natural. Pero en todo o territorio que ocupa o mosteiro p\u00f3dense observar canles escavadas na roca que van recollendo auga e mesmo chega a discorrer entre as sepulturas. Isto deu p\u00e9 a estimar que existiu alg\u00fan tipo de culto \u00e1 auga.<\/p>\n<div id=\"attachment_8225\" style=\"width: 310px\" class=\"wp-caption aligncenter\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" aria-describedby=\"caption-attachment-8225\" class=\"size-medium wp-image-8225\" src=\"https:\/\/recreacionhistoria.com\/wp-content\/uploads\/2021\/06\/Fuente-San-Bieito-San-Pedro-Rocas-300x225.jpg\" alt=\"Fuente San Bieito, San Pedro de las Rocas\" width=\"300\" height=\"225\" title=\"\" srcset=\"https:\/\/recreacionhistoria.com\/wp-content\/uploads\/2021\/06\/Fuente-San-Bieito-San-Pedro-Rocas-300x225.jpg 300w, https:\/\/recreacionhistoria.com\/wp-content\/uploads\/2021\/06\/Fuente-San-Bieito-San-Pedro-Rocas.jpg 720w\" sizes=\"(max-width: 300px) 100vw, 300px\" \/><p id=\"caption-attachment-8225\" class=\"wp-caption-text\"><em>Fonte San Bieito, San Pedro de Rocas<\/em><\/p><\/div>\n<p>Din que as augas da fonte de San Bieito te\u00f1en a propiedade de curar as verrugas, para iso hai que meter as zonas afectadas e rezar un Pai-Noso.<\/p>\n<p>Outra lenda sinala a existencia dun t\u00fanel que se atopa obstruido por unha viga de ouro e que quen tenta apropiarse da mesma acaba convertido en alcatr\u00e1n.<\/p>\n<p>Tam\u00e9n se conta que neste mosteiro castig\u00e1base \u00e1s mulleres pecadoras coa <em>\u201cpinga\u201d <\/em>isto \u00e9, deix\u00e1ndolle caer unha pinga de auga moi lentamente e de forma constante ata que se volv\u00edan tolas e morr\u00edan.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>Para todos os que vos acheguedes a visitar a Ribeira Sacra, ademais do marabilloso e sobrecolledor paisaxe, os impresionantes mosteiros e construci\u00f3ns populares galegas (cruceiros, petos d\u00e1s \u00e1nimas, h\u00f3rreos, etc), a sorprendente gastronom\u00eda e calor humana dos seus habitantes, tam\u00e9n podedes atopar rutas de sendeirismo que vos levar\u00e1n a uns tempos, o medievo, en que o silencio, a natureza e as dif\u00edciles condici\u00f3ns de vida da \u00e9poca elevaban a espiritualidade o m\u00e1ximo. Desde o Mosteiro de San Pedro das Rocas parte o co\u00f1ecido Cami\u00f1o Real (forma parte da ruta do carreiro PRG-4) que continua at\u00e9 Esgos onde destaca a s\u00faa calzada e o famoso <em>\u201cPeto de Meiroa\u201d,<\/em> que nos conta que esta ruta foi nun pasado moi transitado.<\/p>\n<div id=\"attachment_8229\" style=\"width: 310px\" class=\"wp-caption aligncenter\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" aria-describedby=\"caption-attachment-8229\" class=\"size-medium wp-image-8229\" src=\"https:\/\/recreacionhistoria.com\/wp-content\/uploads\/2021\/06\/Camino-Real-San-Pedro-Rocas-300x225.jpg\" alt=\"Cami\u00f1o Real, San Pedro de las Rocas\" width=\"300\" height=\"225\" title=\"\" srcset=\"https:\/\/recreacionhistoria.com\/wp-content\/uploads\/2021\/06\/Camino-Real-San-Pedro-Rocas-300x225.jpg 300w, https:\/\/recreacionhistoria.com\/wp-content\/uploads\/2021\/06\/Camino-Real-San-Pedro-Rocas-1024x768.jpg 1024w, https:\/\/recreacionhistoria.com\/wp-content\/uploads\/2021\/06\/Camino-Real-San-Pedro-Rocas-768x576.jpg 768w, https:\/\/recreacionhistoria.com\/wp-content\/uploads\/2021\/06\/Camino-Real-San-Pedro-Rocas-1536x1152.jpg 1536w, https:\/\/recreacionhistoria.com\/wp-content\/uploads\/2021\/06\/Camino-Real-San-Pedro-Rocas-2048x1536.jpg 2048w\" sizes=\"(max-width: 300px) 100vw, 300px\" \/><p id=\"caption-attachment-8229\" class=\"wp-caption-text\"><em>Cami\u00f1o Real, San Pedro de Rocas<\/em><\/p><\/div>\n<p>E isto \u00e9 todo por hoxe.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p><strong><em><u>Fuentes:<\/u><\/em><\/strong><\/p>\n<p><a href=\"http:\/\/www.arteguias.com\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">www.arteguias.com<\/a><\/p>\n<p><a href=\"http:\/\/www.celtiberia.net\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">www.celtiberia.net<\/a><\/p>\n<p><a href=\"http:\/\/www.galiciamaxica.eu\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">www.galiciamaxica.eu<\/a><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Froito dun dos nosos \u00faltimos desprazamentos (cumprindo con todas as medidas restritivas vixentes) habemos redescuberto a grandeza do mosteiro de San Pedro de Rocas. Un singular e espectacular recinto, escavado na roca natural, polo que nel non poderemos atopar lixeiras estruturas g\u00f3ticas nin armoniosas proporci\u00f3ns renacentistas. Este antiqu\u00edsimo mosteiro \u00e9 un sobrevivente dos recintos que&hellip;<\/p>\n","protected":false},"author":2,"featured_media":8217,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_monsterinsights_skip_tracking":false,"_monsterinsights_sitenote_active":false,"_monsterinsights_sitenote_note":"","_monsterinsights_sitenote_category":0,"footnotes":""},"categories":[391,222,221,379,337],"tags":[366,367,1486,247,444,230,271,1487,126,236,445,1236,213,719,214,513,1081,1488],"class_list":["post-8235","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-edad-media-gl","category-idade-media","category-recuncho-da-historia","category-sugerencias-gl","category-suxestions-gl","tag-arquitectura-gl","tag-arte-gl","tag-camino-real-gl","tag-centros-historicos-gl","tag-creencias-gl","tag-crenzas","tag-curiosidades-historicas-gl","tag-esgos-gl","tag-galicia-gl","tag-mitos-e-lendas","tag-mitos-y-leyendas-gl","tag-monasterio-gl","tag-noroeste-peninsular-gl","tag-ourense-gl","tag-peninsula-iberica-gl","tag-provincia-gl","tag-romanico-gl","tag-san-pedro-de-las-rocas-gl","category-391","category-222","category-221","category-379","category-337","description-off"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/recreacionhistoria.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/8235","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/recreacionhistoria.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/recreacionhistoria.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/recreacionhistoria.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/2"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/recreacionhistoria.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=8235"}],"version-history":[{"count":7,"href":"https:\/\/recreacionhistoria.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/8235\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":14993,"href":"https:\/\/recreacionhistoria.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/8235\/revisions\/14993"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/recreacionhistoria.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media\/8217"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/recreacionhistoria.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=8235"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/recreacionhistoria.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=8235"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/recreacionhistoria.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=8235"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}