{"id":18159,"date":"2026-05-20T12:00:30","date_gmt":"2026-05-20T11:00:30","guid":{"rendered":"https:\/\/recreacionhistoria.com\/?p=18159"},"modified":"2026-05-05T19:14:40","modified_gmt":"2026-05-05T18:14:40","slug":"a-procesion-de-xas","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/recreacionhistoria.com\/gl\/a-procesion-de-xas\/","title":{"rendered":"A procesi\u00f3n de X\u00e1s"},"content":{"rendered":"<p>Retomamos unha das nosas li\u00f1as tem\u00e1ticas preferidas, adentr\u00e1ndonos no mundo das lendas, a mitolox\u00eda e os seres fant\u00e1sticos galegos.<\/p>\n<p>Hoxe fal\u00e1mosvos da denominada <strong><em>Procesi\u00f3n de X\u00e1s.<\/em><\/strong><\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>Esta procesi\u00f3n forma parte do conxunto de crenzas aparecidas no contexto do Sama\u00edn, momento no que se considera que o mundo os vivos e o dos mortos est\u00e1n pr\u00f3ximos.<\/p>\n<p>O que subxace \u00e9 o temor e o respecto cara ao sobrenatural, as\u00ed como a conexi\u00f3n sempre presente entre a vida e a morte na cultura galega.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p><strong><em>A procesi\u00f3n de X\u00e1s <\/em><\/strong>\u00e9 unha tradici\u00f3n galega que se caracteriza por ser unha comitva f\u00fanebre, semellante \u00e1 Santa Compa\u00f1a (ver o noso post: <a href=\"https:\/\/recreacionhistoria.com\/gl\/a-lenda-da-santa-compana\/\">https:\/\/recreacionhistoria.com\/gl\/a-lenda-da-santa-compana\/<\/a>), coa que ten alg\u00fans puntos en com\u00fan, pero tam\u00e9n unha substancial diferenza.<\/p>\n<p><img decoding=\"async\" class=\"size-medium wp-image-18154 aligncenter\" src=\"https:\/\/recreacionhistoria.com\/wp-content\/uploads\/2026\/05\/SantaCompana-300x122.jpg\" alt=\"\" width=\"300\" height=\"122\" title=\"\" srcset=\"https:\/\/recreacionhistoria.com\/wp-content\/uploads\/2026\/05\/SantaCompana-300x122.jpg 300w, https:\/\/recreacionhistoria.com\/wp-content\/uploads\/2026\/05\/SantaCompana-1024x417.jpg 1024w, https:\/\/recreacionhistoria.com\/wp-content\/uploads\/2026\/05\/SantaCompana-768x312.jpg 768w, https:\/\/recreacionhistoria.com\/wp-content\/uploads\/2026\/05\/SantaCompana-1536x625.jpg 1536w, https:\/\/recreacionhistoria.com\/wp-content\/uploads\/2026\/05\/SantaCompana.jpg 1600w\" sizes=\"(max-width: 300px) 100vw, 300px\" \/><\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>A diferenza principal na comitiva da procesi\u00f3n de X\u00e1s e a da Santa Compa\u00f1a, \u00e9 que na de X\u00e1s est\u00e1 formada polas pantasmas dos vivos, mentres que na Santa Compa\u00f1a as pantasmas son dos mortos.<\/p>\n<p>As persoas que conforman a procesi\u00f3n de X\u00e1s marchan formando d\u00faas fileiras, mentres portan un cadaleito. Segundo a lenda, estes <em>\u201cfuturos defuntos\u201d<\/em> van sempre ordenados de maneira cronol\u00f3xica pola data da morte; cuanto m\u00e1is cerca do cadaleito viaxan os seus membros, m\u00e1is cerca estar\u00e1 a s\u00faa morte. Os que van m\u00e1is lonxe, van tardar entre tres ou catro anos en falecer.<\/p>\n<p>A persoa que se atopa coa devandita procesi\u00f3n, s\u00f3 a ve, pero non chega a sentila.<\/p>\n<p>Se o infortunado que se atopa coa procesi\u00f3n \u00e9 amigo dalgunha das persoas que vai nela, o \u00fanico que pode facer \u00e9 levalo polo aire a outro lugar; se \u00e9 inimigo, vai recibir unha malleira e vano a arrastrar polas silvas e ortigas, e espertar\u00e1n totalmente magullados e doloridos.<\/p>\n<p>Son poucas as persoas que chegan a ver unha procesi\u00f3n d\u00e1s X\u00e1s; pois, para iso hai que cumprir cunha serie de condici\u00f3ns, que son as seguintes: que o padri\u00f1o da persoa que a ve rezase mal o credo cando este foi bautizado, ou ben que o cura cambiase os santos \u00f3leos confundindo os que se empregan na extrema unci\u00f3n cos do bautismo. Se cometese este erro, o beb\u00e9 deb\u00eda ser bautizado, outra vez.<\/p>\n<p>Esta procesi\u00f3n s\u00f3 se pode ver, non podes cheirar a cera nin escoitar os seus salmos\u2026 simplemente \u00e9 unha aparici\u00f3n silenciosa que raramente se deixa ver. Aparece nos cruzamentos de cami\u00f1os, sen luz el\u00e9ctrica; al\u00ed onde adoita ser habitual que se dete\u00f1an cos defuntos, para que os curas poidan botar os responsos.<\/p>\n<p>Na tradici\u00f3n oral galega rec\u00f3llense testemu\u00f1os de persoas que din ver tanto a procesi\u00f3n da Santa Compa\u00f1a como a procesi\u00f3n de X\u00e1s.<\/p>\n<p>Pero, segundo a tradici\u00f3n, curiosamente, e ao contrario do que ocorre coa Santa Compa\u00f1a, non todos os seres humanos son capaces de ver a esta procesi\u00f3n de <em>\u201cvivos mortos\u201d.<\/em> Tan s\u00f3 os vedoiros, persoas coa facultade de ver os mortos e m\u00e1is sensibles aos fen\u00f3menos sobrenaturais, son capaces de albiscar aos compo\u00f1entes da Procesi\u00f3n d\u00e1s X\u00e1s. Un vedoiro \u00e9 aquel que pode ver os mortos e reco\u00f1ecer aos compo\u00f1entes da procesi\u00f3n d\u00e1s X\u00e1s. Estas persoas contan con esta capacidade desde que te\u00f1en uso de raz\u00f3n, e \u00e9 que se di que s\u00f3 aqueles que foron bautizados cos \u00f3leos da extrema unci\u00f3n en lugar dos do bautismo e\/ou cuxo padri\u00f1o rezase mal o Credo durante a celebraci\u00f3n do mesmo conv\u00e9rtense en aut\u00e9nticos vedoiros.<\/p>\n<p>Tam\u00e9n se di que poden vela quen pos\u00faa o terceiro ollo, o poder da mediumnidad\u00a0 e a clarividencia ou como hoxe en d\u00eda chamamos <em>\u201csensitivos\u201d.<\/em> Pero a diferenza doutras aparici\u00f3ns ou da Compa\u00f1a durante o paso destes penitentes non se perciben cheiros nin\u00a0 a cera queimada, nin a flores de cemiterio, nin a incenso e tampouco se lles escoita rezar, nin arrastrar cadeas.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>En Galicia atopamos relatos como:<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p><strong><em>As Xans en Valongo<\/em><\/strong><\/p>\n<p>Segundo a tradici\u00f3n oral, polas noites contra as doce ou unha da ma\u00f1\u00e1, v\u00edase ao redor da igrexa de San Marti\u00f1o de Valongo unha ringleira de xente con vestimenta de cor negra, que adoitaba ser unha t\u00fanica, que levaban unha candea acesa na man e daban voltas \u00e1 construci\u00f3n relixiosa.<\/p>\n<p>A maior\u00eda dos habitantes deste lugar pensaban que se trataba de mortos con pecados, \u00e1nimas en pena que lle deb\u00edan algo a este mundo e debido a isto segu\u00edan nel.<\/p>\n<p>Outra xente culta pensaba que esta procesi\u00f3n estaba composta por xente que fac\u00eda promesas e non as cumpr\u00eda polo que ti\u00f1a que ir a modo de penitencia a facer este tipo de percorrido nocturno. Ambas as crenzas son claramente parte dunha tradici\u00f3n cristi\u00e1 fortemente arraigada que acompa\u00f1a o pobo galego at\u00e9 mediados do s\u00e9culo XX.<\/p>\n<p>Segundo unha lenda recollida por Dolores Gard\u00f3n Gard\u00f3n, en Valongo dic\u00edase que un rapaz puxo en d\u00fabida a crenza de que os compo\u00f1entes das Xans eran mortos ou mortas, xa que un d\u00eda baixou \u00e1 capela cando se fixo de noite. O neno agochouse entre o millo dunha plantaci\u00f3n pr\u00f3xima \u00e1 capela e agardou a que a procesi\u00f3n comezase. Cando viu os encarapuchados dirixiuse ata preto dun deles e, a toda velocidade, deu un chimpo e sacoulle a carapucha, nese mesmo intre recibiu unha labazada e foi de contado para a s\u00faa casa. Ao d\u00eda seguinte disp\u00faxose a contarlle o que el fixera \u00e1 s\u00faa nai, que lle respondeu abraiada explic\u00e1ndolle que se trataba de \u00e1nimas doutro mundo, e como fora quen de facer tal cousa, ao que o rapaz respondeu: <em>&#8220;Eu non sei se ser\u00edan deste mundo ou do outro, pero deume unha labazada tan grande, que estiven toda a noite mirando as estrelas!&#8221;<\/em><\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p><strong><em>As Xans en Muros<\/em><\/strong><\/p>\n<p>En Muros e arredores tam\u00e9n existe o mito das Xans, onde reciben o nome de \u00c1nimas. \u00c1 diferenza da Santa Compa\u00f1a non amosan sinais f\u00edsicos logo destes encontros nocturnos nin gardan lembranza da s\u00faa participaci\u00f3n na procesi\u00f3n.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>Falamos pois dunha procesi\u00f3n que non \u00e9 m\u00e1is que unha manifestaci\u00f3n cultural, rica en simbolismo e significado.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>Doutra banda, dicir que atopamos historias e lendas similares tam\u00e9n en terras asturianas. As\u00ed, a chamada Procesi\u00f3n de Xas ou d\u00e1s Xans, \u00e9 un cortexo f\u00fanebre semellante \u00e1 G\u00fcestia ou Santa Compa\u00f1a.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>A gran maior\u00eda destas lendas e tradici\u00f3ns herd\u00e1molas da cultura dos pobos celtas e moitas son compartidas con Asturias, Castela (a estadea) ou Estremadura, pero tam\u00e9n se rexistran noutros lugares como poden ser o norte de Portugal, Escocia e outras zonas de Europa.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>E rematamos esta publicaci\u00f3n, confiando en que, a pesar da s\u00faa longa extensi\u00f3n, resultase do voso interese, e nese caso gustar\u00edanos que nolo fix\u00e9sedes saber pulsando no bot\u00f3n <strong><em>\u201cG\u00fastame\u201d.<\/em><\/strong> Ademais, anim\u00e1mosche a achegar alg\u00fan comentario, e se tes interese, subscribirche de xeito gratuito \u00e1 Newsletter do Blog para manterche sempre informado sobre as novas publicaci\u00f3ns do Blog.<\/p>\n<p>Por \u00faltimo, se vos gustou o suficiente como para compartilo nas vosas redes sociais, estariamos realmente encantados de que as\u00ed o fix\u00e9sedes.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p><strong>Referencias<\/strong><\/p>\n<p><strong><em>Mitolox\u00eda de Galiza.<\/em><\/strong> De Vaqueiro,\u00a0 V.<\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/leyendasytradiciones.blogspot.com\/2010\/02\/procesion-das-xas-o-xans.html\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">https:\/\/leyendasytradiciones.blogspot.com\/2010\/02\/procesion-das-xas-o-xans.html<\/a><\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/raylossuenosprohibidos.blogspot.com\/2020\/10\/la-procesion-das-xas-leyenda-de-galicia.html\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">https:\/\/raylossuenosprohibidos.blogspot.com\/2020\/10\/la-procesion-das-xas-leyenda-de-galicia.html<\/a>20<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>A procesi\u00f3n de X\u00e1s \u00e9 unha tradici\u00f3n galega que se caracteriza por ser unha comitva f\u00fanebre, semellante \u00e1 Santa Compa\u00f1a.<\/p>\n","protected":false},"author":2,"featured_media":18153,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_monsterinsights_skip_tracking":false,"_monsterinsights_sitenote_active":false,"_monsterinsights_sitenote_note":"","_monsterinsights_sitenote_category":0,"footnotes":""},"categories":[221],"tags":[229,826,828,126,796,798,3888,3889,3890],"class_list":["post-18159","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-recuncho-da-historia","tag-costumes","tag-creenzas","tag-galegas","tag-galicia-gl","tag-gallegas-gl","tag-mitologia-gl","tag-procesion-gl","tag-xans-gl","tag-xas-gl","category-221","description-off"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/recreacionhistoria.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/18159","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/recreacionhistoria.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/recreacionhistoria.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/recreacionhistoria.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/2"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/recreacionhistoria.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=18159"}],"version-history":[{"count":3,"href":"https:\/\/recreacionhistoria.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/18159\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":18162,"href":"https:\/\/recreacionhistoria.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/18159\/revisions\/18162"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/recreacionhistoria.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media\/18153"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/recreacionhistoria.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=18159"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/recreacionhistoria.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=18159"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/recreacionhistoria.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=18159"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}