Castelao, talento e compromiso

Sen dúbida Castelao, noutros lugares do mundo, sería un home máis lembrado e estaría moito máis presente na vida do pobo. Pero por diferentes motivos, o seu legado non aparece demasiado vívido na sociedade galega, e moito menos nas organizacións políticas e sociais, que en moitos casos, como pasou con outros moitos grandes homes da historia, a súa figura foi incorporada e apropiada por diferentes entidades, partidos e persoas cun pensamento e unha conciencia de pobo moi distante da que Castelao tiña.

Que é o Toisón de Ouro?

A Orde do Toisón de Ouro foi ante todo unha alianza estratéxica deseñada pola Casa de Borgoña e concibida a gran escala que pretendeu articular politicamente a nova Europa que xurdía da Baixa Media, e que alcanzaría unha dimensión aínda maior unha vez caeu baixo o control da poderosa Casa de Austria, que a converteu nun dos seus instrumentos máis eficaces para alcanzar o dominio universal.

José Sellier, coruñés, pioneiro cineasta

Na nosa liña de repasar dedicada a vida e historia de personaxes que deixaron pegada, hoxe aproximámonos a José Sellier, un home moi vinculado ao mundo cinematográfico, e coñecido por ser o autor da primeira película española da historia, filmación datada en 1897. Ademais, a súa vinculación á nosa cidade, A Coruña, é un aliciente…