No ámbito das crenzas, ao longo dos anos e tras a aparición, auxe e desaparición de grandes civilizacións, atopamos todo un “mundo” apaixonante no referente á Mitoloxía en antiga Grecia. En primeiro lugar queremos dicir que ao referirnos á antiga Grecia, estamos a referirnos ao período histórico comprendido entre o ano 1200 a.C. até o…
Falar do Entroido é referirse a unha celebración extraordinariamente estendida e con moitos séculos de antigüidade. Trátase sen dúbida dunha das festas máis populares e que se celebra nun gran número de lugares do planeta. A fin de coñecer algo máis sobre as orixes do Entroido, creamos esta publicación na que tentamos facer un repaso…
En liña con anteriores publicacións coas que procuramos facer un achegamento aos diferentes costumes, curiosidades, prácticas culturais, etc que nos permitan comprender como se vivía na Idade Media, hoxe dedicamos este post á Música durante a Idade Media. Como xa sabedes, a Idade Media é o período histórico comprendido entre a caída do Imperio Romano…
Entre os movementos que viron a luz, e logo desaparecerían, durante a Idade Media europea, hai un cun atractivo especial. Referímonos ao movemento dos cátaros. Con este post imos tentar facer unha exposición, o máis breve posible, sobre a súa orixe, organización, crenzas, caída e mitos e lendas ao redor deles. O movemento cátaro, ou…
A vida na Antiga Roma desenvolvíase mantendo unha gran variedade de tradicións, e unha delas, foco de atención de numerosas novelas, películas ou representacións teatrais ou actividades de recreación histórica son as protagonizadas polos gladiadores. A loita de gladiadores concíbese hoxe en día como unha paradigma de grandeza e épica. A orixe do termo gladiador…
No monte de Santa Trega, na Garda, provincia de Pontevedra, isto é, no extremo máis sudoccidental de Galicia, a uns 344 metros de altitude, achamos un dos maiores poboados castrexos do noroeste peninsular. Referímonos ao Castro de Santa Trega. Outeiro sacro da civilización precristiana, coa súa privilexiada situación, o castro domina todo o contorno da…
Usamos cookies para asegurar que te damos la mejor experiencia en nuestra web. Si continúas usando este sitio, asumiremos que estás de acuerdo con ello.